Cine de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cine de Portugal ou cine portugués, refírese esencialmente ós filmes realizados por autores portugueses. Son considerados tamén portugueses algúns filmes de autores estranxeiros con participación financeira portuguesa.

Século XIX[editar | editar a fonte]

A orixe[editar | editar a fonte]

Saída do Pessoal da Fábrica Confiança.

O inicio do cine portugués ten lugar coa exhibición das primeiras curtametraxes propiedade dun empresario da cidade do Porto, Aurélio Paz dos Reis. A Saída do Pessoal Operário da Fábrica Confiança, de 1896, é unha réplica súa do filme dos irmáns Lumière (1894/1895), La Sortie de l'usine Lumière à Lyon, que é considerado, o primeiro filme da historia do cine e, ó mesmo tempo, o primeiro documental.[1]

Buscando sacarlle rendemento, Paz dos Reis organiza algunhas proxeccións que non obteñen os resultados agardados e tenta sorte no Brasil. O Kinematógrafo Português sería presentado no Teatro Lucinda do Río de Xaneiro o 15 de xaneiro de 1897. Regresa a Portugal desilusionado, despois de captar algunhas escenas na Avenida Rio Branco, das primeiras imaxes animadas filmadas no Brasil.

O interese de Paz dos Reis polo cinematógrafo provén do coñecemento de Edwin Rousby, enviado do inglês Robert William Paul, fabricante de máquinas de filmar e proxectar, o mesmo a quen Georges Méliès, inventor do filme de ficción, mercou un proxector que el mesmo transformou nunha máquina de filmar, aparello híbrido que tería éxito no seu xa famoso Théatre Robert Houdin[2], en París. É por influencia desa mesma persoa que, entre outros, Manuel Maria da Costa Veiga, volverase exhibidor de filmes en Lisboa. Será "O Segundo Caçador de Imagens Português". Paz dos Reis e Costa Veiga son os pais da tradición cinematográfica de Portugal.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ribeiro, Félix O Cinema Português antes do Sonoro, Esboço Históriconema Português, Terra Livre, Lisbon, Portugal, 1978.
  • Ribeiro, Félix, Panorama do Cinema Português, Lisbon, Portugal.
  • Bandeira, José Gomes, Porto: 100 anos de cinema português, Câmara Municipal do Porto, Porto, Portugal, 1996.
  • Antunes, João and Matos-Cruz, José de, Cinema Português 1896–1998, Lusomundo, Lisbon, Portugal, 1997.
  • Duarte, Fernando, Primitivos do Cinema Português, ed. Cinecultura, Lisbon, Portugal, 1960.
  • Faria de Almeida, M., Resumo da História do Cinema, RTP Centro de Formação, Lisbon, Portugal, 1982.
  • Ferreira, António J., O Cinema Chegou a Portugal, – Palestra Baseada no Livro A Fotografia Animada em Portugal 1894-1895-1896-1897 – 1896.
  • Ferreira, António J., A Fotografia Animada em Portugal, 1894-1896-1897, ed. Cinemateca Portuguesa, Lisbon, Portugal, 1986.
  • Nobre, Roberto, Singularidades do Cinema Português, Portugália Editora, Lisbon, Portugal.
  • Pina, Luís de, História do Cinema Português, Colecção Saber nº190, Publicações Europa-América, Lisboa, 1986.
  • Pina, Luís de, Aventura do Cinema Português, ed. Vega, Lisbon, Portugal, 1977
  • Pina, Luís de, Documentarismo Português, Instituto Português de Cinema, 1977.
  • Pina, Luís de, Panorama do Cinema Português, Terra Livre, Lisbon, Portugal, 1978.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]