O cinema de Portugal ou cinema portugués, refírese esencialmente ós filmes realizados por autores portugueses. Son considerados tamén portugueses algúns filmes de autores estranxeiros con participación financeira portuguesa.
Buscando sacarlle rendemento, Paz dos Reis organiza algunhas proxeccións que non obteñen os resultados agardados e tenta sorte no Brasil. O Kinematógrafo Português sería presentado no Teatro Lucinda do Río de Xaneiro o 15 de xaneiro de 1897. Regresa a Portugal desilusionado, despois de captar algunhas escenas na Avenida Rio Branco, das primeiras imaxes animadas filmadas no Brasil.
O interese de Paz dos Reis polo cinematógrafo provén do coñecemento de Edwin Rousby, enviado do inglés Robert William Paul, fabricante de máquinas de filmar e proxectar, o mesmo a quen Georges Méliès, inventor do filme de ficción, mercou un proxector que el mesmo transformou nunha máquina de filmar, aparello híbrido que tería éxito no seu xa famoso Théatre Robert Houdin[2], en París. É por influencia desa mesma persoa que, entre outros, Manuel Maria da Costa Veiga, volverase exhibidor de filmes en Lisboa. Será "O Segundo Caçador de Imagens Português". Paz dos Reis e Costa Veiga son os pais da tradición cinematográfica de Portugal.