Cinco lobitos
Cinco lobitos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Cinco lobitos |
Director | Alauda Ruiz de Azúa |
Guión | Alauda Ruiz de Azúa |
Intérpretes |
|
Música | Aránzazu Calleja |
Fotografía | Jon D. Domínguez |
Montaxe | Andrés Gil |
Estudio | Encanta Films Sayaka Producciones Buenapinta Media |
Distribuidora | BTeam Pictures |
Estrea | Festival de Berlín: 11 de febreiro de 2022 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Cinco lobitos é un filme español de 2022 dirixido e escrito por Alauda Ruiz de Azúa.[1] Está protagonizado por Laia Costa e Susi Sánchez, xunto con Ramón Barea e Mikel Bustamante.
Gañou a Biznaga de Ouro ao mellor filme español no Festival de Cinema de Málaga, e a súa directora alzouse co premio ao mellor guión. As actrices Laia Costa e Susi Sánchez, ambas coprotagonistas, tamén recibiron o premio 'ex aequo' á mellor actriz.[2][3][4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Amaia acaba de dar a luz e sae do hospital coa súa filla. É unha nai sen experiencia e por primeira vez decátase dos cambios que vai traer este novo bebé chamado Jone. Nas primeiras semanas axúdana a súa parella e os seus pais. Mais axiña marchan os seus pais e a súa parella ten que ausentarse por motivos laborais. Abrumada pola incesante tarefa de ser nai, Amaia decide ir á casa dos seus pais, nunha vila da costa do País Vasco, para que Begoña e Koldo a axuden a coidar da nena. Porén, a nai enferma e Amaia terá que coidala.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Laia Costa como Amaia[6]
- Mikel Bustamante como Javi[6]
- Susi Sánchez como Begoña[6]
- Ramón Barea como Koldo[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La vasca Alauda Ruiz de Azúa arrasa en Málaga con 'Cinco lobitos'". El Correo (en castelán). 2022-03-26. Consultado o 2022-04-18.
- ↑ Silvestre, Por Juan (2022-03-20). "Susi Sánchez: “La sociedad te impone que ser madre es el ideal de cualquier mujer"". Fotogramas (en castelán). Consultado o 2022-04-18.
- ↑ Sánchez, Nacho (2022-03-26). "‘Cinco lobitos’, un retrato de la maternidad, triunfa en el festival de cine de Málaga". El País (en castelán). Consultado o 2022-04-18.
- ↑ ELICES, RAQUEL (2022-03-26). "'Cinco lobitos', soberbio retrato de la maternidad sin edulcorantes". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-04-18.
- ↑ Garuz, Elena (11 de febreiro de 2022). "La intimista "Cinco lobitos" abre la participación española en la Berlinale". Swissinfo.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Holland, Jonathan (20 de marzo de 2022). "‘Lullaby’: Malaga Review". ScreenDaily.