Alauda Ruiz de Azúa
Alauda Ruiz de Azúa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1978 |
Lugar de nacemento | Barakaldo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | School of Cinematography and Audiovisual of the Community of Madrid, Universidade de Deusto e Universidade do País Vasco |
Ocupación | directora de cine, realizadora e guionista |
Premios | Biznaga de prata ao mellor guión |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alauda Ruiz de Azúa Arteche, nada en Barakaldo, en 1978, é unha directora de cine e guionista española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada en Barakaldo, estudou Comunicación Audiovisual e Filoloxía Inglesa na Universidade de Deusto e é diplomada en dirección na Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM).[1] Afincada en Madrid, é cofundadora da produtora Igloo Films.
Compatibilizou a dirección de proxectos persoais coa realización publicitaria. As súas curtametraxes foron seleccionados en máis de 400 festivais nacionais e internacionais e obtiveron máis dun centenar de recoñecementos.[2]
En febreiro de 2022 estreou a súa primeira longametraxe, Cinco lobitos na "Sección Panoramas" do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3] A película, protagonizada por Laia Costa, Susi Sánchez, Ramón Barea e Mikel Bustamante foi rodada durante cinco semanas no verán de 2021 entre Bakio e Mundaka.[4] Explicou que xorde da súa experiencia persoal da súa primeira maternidade.[5] No Festival de Málaga en marzo de 2022 a película logrou varios premios entre eles o da Biznaga de Ouro, o premio ao mellor guión e o premio do público.[6]
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
Por Cinco lobitos
- Biznaga de Ouro á mellor película española no Festival de Málaga 2022 ademais do premio ao mellor guión, da propia Ruiz de Azúa, e o premio do público.
- Película preseleccionada en agosto do 2022 para representar a España na edición 95 dos premios Óscar na categoría Mellor Película Internacional.[7]
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Clases particulares (curtametraxe, 2005)
- Lo importante (curtametraxe, 2006)
- Dicen (curtametraxe, 2011)
- Nena (curtametraxe, 2014)
- No me da la vida (curtametraxe, 2021)
- Cinco lobitos (2022) longametraxe. Dirección e guión
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Alauda Ruiz de Azúa: «Las mujeres no lo tenemos más fácil en el cine español»" (en castelán). 2022-03-27. Consultado o 2022-03-27.
- ↑ "Alauda Ruiz de Azúa" (en castelán). Consultado o 2022-03-27.
- ↑ Belinchón, Gregorio (2022-02-11). "El día en que la Berlinale habla español" (en castelán). Consultado o 2022-03-27.
- ↑ "Alauda Ruiz de Azúa, directora de 'Cinco lobitos': "Entro en la Berlinale por la puerta grande, con una ópera prima intimista"" (en castelán). Consultado o 2022-03-27.
- ↑ "Entrevista con Alauda Ruiz de Azúa, en el programa ‘DAMA habla’ – CIMA – Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales" (en castelán). Consultado o 2022-03-27.
- ↑ "'Cinco lobitos', de Alauda Ruiz de Azúa, mejor película española en Málaga". Consultado o 2022-03-27.
- ↑ "'ALCARRÀS', 'CINCO LOBITOS' Y 'AS BESTAS', LAS PELÍCULAS ESPAÑOLAS PRESELECCIONADAS PARA LOS OSCAR". 2022/08/25.