Saltar ao contido

Cidade metropolitana de Milán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Grande Milano.

A Cidade metropolitana de Milán (en italiano: Città metropolitana di Milano) é un ente local italiano pertencente á Lombardía, no norte do país. A súa capital é a cidade de Milán.

Desde o 1 de xaneiro de 2015 substituíu a provincia de Milán.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O seu territorio, que ocupa 1575,65 km², encóntrase na parte da chaira padana comprendida entre os ríos Tesino e Adda. Limita ao norte coas provincias de Varese, Monza e Brianza; ao leste coa provincia de Bérgamo; ao sueste coas provincias de Cremona e Lodi; ao suroeste coa provincia de Pavia e ao oeste coa provincia de Novara, situada na rexión de Piemonte.

Demografía

[editar | editar a fonte]

En 2014 contaba cunha poboación de 3 196 825 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2 028,89 hab/km².

A cidade metropolitana comprende 134 municipios:[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]