Cidade Colonial de Santo Domingo
Coordenadas: 18°29′N 69°55′O / 18.483, -69.917
Cidade Colonial de Santo Domingo | |
---|---|
![]() Vista aérea da Cidade Colonial. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Santo Domingo de Guzmán |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iv, vi |
Inscrición | 1990 (XIV sesión) |
Rexión da UNESCO | Latinoamérica e o Caribe |
Identificador | 526 |
A Cidade Colonial é o barrio central histórico de Santo Domingo de Guzmán, capital da República Dominicana. É o asentamento europeo máis antigo habitado continuamente estabelecido nas Américas. A área foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1990.[1] Tamén é coñecido como Zona Colonial ou de maneira coloquial como "La Zona".
A Cidade Colonial atópase na beira oeste do río Ozama, o cal divide a cidade en dous. Abrangue 1,06 km², limitada por un perímetro amurallado. É unha sección importante da cidade debido á gran cantidade de monumentos, entre eles o Alcázar de Colón, a Fortaleza Ozama, a Catedral de Santa María a Menor, entre outros. A zona é a principal atracción turística de Santo Domingo, aínda que os principais lugares de actividade gobernamental e comercial están agora nas partes máis modernas da cidade.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2008-05-17. Consultado o 2007-05-07.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Moreta Castillo, Américo "El Santo Domingo del Siglo XVIII a través del Libro Becerro". "CLIO" 74 (Santo Domingo, 2007) pp. 43–66.
- González Hernández, Julio Amable "Toponomía y Genealogía: La Ciudad Colonial (2 de 15)". "IDG" (Santo Domingo, 2007)
- Alemar, Luis "La Ciudad de Santo Domingo: Santo Domingo, Ciudad Trujillo". "Editora de Santo Domingo" (Santo Domingo, 1980)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Cidade Colonial de Santo Domingo" (en inglés). UNESCO. Consultado o 2 de xaneiro de 2022.