Christian Grahn
Aparencia
(Redirección desde «Chris Dangerous»)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xuño de 1978 Fagersta |
| Actividade | |
| Ocupación | batería |
| Período de actividade | 1989 |
| Xénero artístico | Rock alternativo e garage rock |
| Instrumento | Batería |
| Sitio web | thehivesbroadcastingservice.com |
Christian Grahn, coñecido coma Chris Dangerous e nado o 12 de xuño de 1978, é o batería da banda sueca de garage rock The Hives.
Biografía
[editar | editar a fonte]Grahn comezou a tocar a batería aos nove anos, e nos primeiros anos de The Hives en Fagersta, Grahn tocou tamén a batería noutra banda local, Bad Dreams Always. O seu pai formaba parte dun grupo finés de versións chamado The Sailors, que, segundo Howlin' Pelle Almqvist, era "a máis grande banda de rock de Finlandia nese tempo". O pai tamén cantaba noutro grupo chamado The Ventons.