Chimé Chapela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chimé Chapela
Nacemento1944
Falecemento25 de xullo de 2016
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

José Chapela González, coñecido como Chimé, nado en 1944 e finado en Madrid o 25 de xullo de 2016, foi un avogado e político comunista galego, alcalde de Cangas logo da recuperación da democracia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado de profesión, nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura electoral do PCG. Con ela obtivo cinco concelleiros, por detrás do candidato de Antonio Velloso da UCD, e que ademais era o presidente do Alondras. Co apoio do BN-PG (3 concelleiros), Unidade Galega (3) e PSOE (1), conseguiu facerse coa vara de mando municipal.

Como profesionalmente traballaba en Madrid durante o mandato (1982), dimitiu e substituíuno Tucho Perete. El trasladouse a Porto Rico aínda que posteriormente regresou a España.


Predecesor:
Fortunato Graña Núñez
 EscudoCangasMorrazo.svg
Alcalde de Cangas
 
1979 - 1982
Sucesor:
Antonio González Molanes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]