Saltar ao contido

Chicheme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O chicheme é un atole ou crema[1] fermentada, feito a base de millo mallado, tradicional nalgúns países de América Latina coma na costa caribeña de Costa Rica, Panamá (principalmente nas provincias de Colón e Panama Oeste, onde é famosa a súa preparación en La Chorrera) e Colombia (principalmente no municipio de Ciénaga de Oro en Córdoba). Na provincia de Guanacaste ao norte de Costa Rica elabórase tamén con millo morado.

Está feito principalmente de millo, ao que se agregan especias como canela e noz moscada, ademais de auga, panela e xenxibre. Existen moitas preparacións dependendo da localidade. Polo xeral, logo de realizar a mestura dos ingredientes, déixase fermentar paulatinamente, remollando o millo e moéndoo finamente. A masa obtida cócese e agrégaselle auga fría para coala.

A palabra chicheme parece ter orixe no náhuatl, como derivado de chicha (viño de millo), aínda que en Ferrero, menciónase que pode provir da voz guna chichab (millo) ou do mozárabe chichen (cocer).[2]

  1. "Gastronomía de La Chorrera: Chicheme chorrerano" (en castelán). Consultado o 2024-07-28. 
  2. (Ferrero 2002, p. 69)