Cheng Jingbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCheng Jingbo
Nome orixinal(zh) 程婧波 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1983 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaChengdu Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción e Fantasía Editar o valor em Wikidata
Premios

Cheng Jingbo (chinés simplificado: 程婧波; pinyin: Chéng Jìngbō)[1], nada en 1983 na República Popular da China, é unha escritora de ciencia ficción, tradutora e editora de literatura infantil.[2] É secretaria xeral da Asociación Chinesa de Ciencia e Tecnoloxía.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os relatos de Cheng Jingbo obtiveron numerosos recoñecementos, entre eles os premios Yinhe (Galaxy) e Xingyun (Nebula) amén de ter sido seleccionadas para aparecer en antoloxías de autores destacados. Foi unha das primeiras escritoras do xénero publicadas en People's Literature, revista mainstream sobre literatura chinesa.

Cheng Jingbo é editora de libros infantís no Sichuan Children's Publishing House, en paralelo exerce un traballo como tradutora do inglés ao chinés. É responsábel da tradución de Little House on the Prairie de Laura Ingalls Wilder.

O seu estilo como escritora de ciencia ficción é popular por esforzarse en eliminar as diferenzas entre os efectos da maxia e da ciencia que perciben os personaxes, facéndoo indistinguíbel para o lector. Na súa obra Grave of the Fireflies unha versión do ser humano cun progreso abisal ao actual é capaz de voar libre polo espazo escapando da morte térmica do Universo.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Grave of the Fireflies; no orixinal 萤火虫之墓 (yínghuǒchóng zhī mù); publicado en xaneiro de 2014 en Clarkesworld Magazin; ao Inglés por Invisible Planets, ISBN 978-1-78669-278-8
  • Bajo un cielo tentador ; no orixinal 倒悬的天空 (dàoxuán de tiānkōng); publicado en decembro de 2004; en español na antoloxía Estrellas Rotas, ISBN 978-3-453-32058-1
  • 西天, xītiān [„Ceo“], nomeado no Galaxy Award en 2003.
  • 去他的时间尽头 qù tā de shíjiān jìntóu [„Até o fin do tempo“], premiado co Galaxy Award en 2021.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Abrahamsen, Eric. "Cheng Jingbo". Paper Republic (en inglés). Consultado o 2023-12-04. 
  2. 2,0 2,1 "SFE: Cheng Jingbo". sf-encyclopedia.com. Consultado o 2023-12-04. 
  3. Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 125–. ISBN 978-84-9181-924-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • 程婧波 (La literatura china traducida en España)