Chastity Belt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chastity Belt
OrixeWalla Walla, Washington, Flag of the United States.svg
Período2010 - presente
Xénero(s)rock alternativo, rock and roll, noise pop, indie rock, indie pop, pop rock
Selo(s) discográfico(s)Hardly Art
MembrosJulia Shapiro
Lydia Lund
Annie Truscott
Gretchen Grimm

Chastity Belt é unha banda de indie rock/indie pop estadounidense formada en 2010 e procedente de Walla Walla, Washington. O grupo está composto por Julia Shapiro, Lydia Lund, Annie Truscott e Gretchen Grimm. Chastity Belt toca unha mestura de rock alternativo, rock and roll, noise pop e pop. A banda leva publicados dous álbums de estudio, No Regerts (2013), e Time to Go Home (2015).

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo formouse en Walla Walla, Washington, no ano 2010 mentres os seus membros estudaban no Whitman College, coa líder da banda Childbirth Julia Shapiro como vocalista principal e guitarrista, e coa guitarrista principal Lydia Lund, a baixista Annie Truscott e a batería Gretchen Grimm. Chastity Belt toma un achegamento humorístico aos estereotipos e costumes femininos nas súas letras, desafiando as normas de xénero e a feminidade como unha construción.[1]

A banda editou o seu primeiro álbum de estudio, No Regerts, o 13 de agosto de 2013 a través de Help Yourself Records.[2][3] O seu segundo álbum de estudio, Time to Go Home, foi publicado o 24 de marzo de 2015 polo selo Hardly Art,[4][5] recibindo críticas positivas.[6] O seu terceiro álbum de estudio, I Used to Spend So Much Time Alone, apareceu o 2 de xuño de 2017, tamén a través de Hardly Art.[7]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
No Regerts 2013 Help Yourself
Time to Go Home 2015 Hardly Art
I Used to Spend So Much Time Alone 2017 Hardly Art

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chastity Belt | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-03-18. 
  2. "No Regerts - Chastity Belt | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-03-18. 
  3. "Chastity Belt: No Regerts". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  4. "Time to Go Home - Chastity Belt | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  5. "Chastity Belt: Time to Go Home". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  6. "Time to Go Home by Chastity Belt" (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 
  7. "Chastity Belt: I Used to Spend So Much Time Alone". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]