Charneira (bivalvos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación esquemática da anatomía dun mexillón de auga doce:
1.Adutor posterior, 2. Adutor anterior, 3-4. Branquias, 5. Sifón exhalante, 6. Sifón inhalante, 7. Pé, 8. Dente, 9. Charneira, 10. Manto, 11. Umbo.

A charneira é unha zona dorsal na cuncha dos bivalvos co bordo engrosado, provisto dun sistema de "dentes", chamados dentes articulares (que non son dentes verdadeiros, senón simples proxeccións da charneira), e fosetas para a articulación das valvas.[1][2][3]

As dúas valvas mantéñense unidas pola charneira e un ligamento flexíbel e elástico que permite abrir e pecher a cuncha grazas á acción antagónica dos músculos adutores unidos á superficie interna das dúas valvas. Esta disposición permite que á cuncha poida abrirse e pecharse sen desarticularse.

Preto da charneira encóntrase o umbo, unha protuberancia nodosa e arredondada. Baixo a zona do umbo dalgúns bivalvos, cada valva presenta unha área triangular alongada máis ou menos desenvolvida, a zona cardinal que onde se insire o ligamento e ondde están os elementos da charneira propiamente dita. A cuncha é xenralmente de simetría bilateral, e a charneira está situada no plano saxital.

Nos bivalvos, os lóbulos do manto segregan as valvas, e a súa crista segrega o conxunto da charneira.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo charneira deriva do francés charnière, que se usa, no ámbito da conquilioloxía, desde mediados do século XVIII, e que procede, segundo os máis dos etimoloxístas, do francés antigo charne (usado no século XII), que é unha adaptación do inglés antigo carne, no sentido de 'pivote', 'eixe', 'piar', 'poste', 'columna', voz derivada do latín clásico cardo, -inis, 'gonzo', 'bisagra'. Outros etimoloxistas opinan que procede dun latín vulgar *cardinaria, voz derivada do latín clásico cardo, o que parece menos probábel.[4]

Diagnose[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Bivalvos#Clasificación.

Nas primeiras clasificacións dos bivalvos, os científicos utilizaban un só criterio de diagnose para clasificalos, especialmente o tipo de charneira, constituída por un sistema de dentes e de fosetas destinado á articulación das valvas. Porén, estes tipos non son hoxe considerados como coherentes filoxeneticamente, aínda que seguen a seren utlizados para describir as cunchas.

Os dentes, cuxa función é a de evitar o movemento lateral das valvas, unha en relación coa outra, poden teren de feito disposicións diferentes. Enfróntanse coas fosetas ao nivel da valva oposta, nas que se insiren. Hai dous tipos de dentes: os chamados dentes cardinais, curtos e perpendiculares ao bordo cardinal, situados máis próximos ao umbo, e os dentes laterais, longos, oblicuos ou paralelos ao bordo cardial, mais afastados do umbo. O número e a disposición dos dentes é unha clave importante na identificación dos bivalvos.[3]

Tipos de charneiras[editar | editar a fonte]

Charneira taxodonte[editar | editar a fonte]

As dúas valvas teñen unha charneira similar con numerosos dentes isomorfos, pequenos e regulares, dispostos paralelamente nun plano cardinal ben desenvolvido.[5]

A charneira taxodonte poxde ser de tip cnetodonte (cos dentes converxentes cara ao centro da cuncha), ou actinodonte (cos dentes diverxentes a partir do umbo).[6]

Charneira disodonte[editar | editar a fonte]

A charneira, curva ou rectilínea, redúcese a algúns dentes simétricos (illados ou ás veces regrivos nas ostras) ou a laminiñas especialmente desenvolvidas tras o potente ligamento, que tende neste caso a alongarse nunha longa foseta triangular. Este tipo de charneira é propia das cunchas anisomiarias ou monomiarias.[7]

Charneira heterodonte[editar | editar a fonte]

Esta charneira ten dentes non isomorfos: 2 ou 3 dentes cardinais, máis desenvolvidos, e algúns dentes laterais, anteriores e posteriores, pouco numerosos (7 como máximo en cada valva) e disímiles. Pode ser de tres tipos: esquizodonte, cos dentes cardinais fortes e crenulados; desmodonte coa presenza sobre a charneira de escamas que soportan o ligamento, e paquiodonte, con moi poucos dentes, grosos e moi deformados. É o tipo máis frecuente.[9]

Charneira anodonte[editar | editar a fonte]

Esta charneira está formada por un ligamento potente, pero sen dentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. charneira1 s.f. 1. Palmela dunha porta. 2. Parte que une as valvas das cunchas dos lamelibranquios. En: Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo, Xerais, 2009.
  2. W. Fischer, M. Schneider & M.-L. Bauchot (1987): Fiches FAO d'identification des espèces pour les besoins de la pêche. Roma: FAO.
  3. 3,0 3,1 Les bivalves. Ler en liña.
  4. charmière no Trésor de la langue française infromatisé.
  5. André Chavan (1966): Les Mollusques et leur détermination. Société d'édition d'enseignement supérieur, páx. 33.
  6. Harper, Elizabeth M., John David Taylor & James Alastair Crame (2000): The Evolutionary Biology of the Bivalvia. The Geological Society, páx. 50.
  7. André Chavan (1966): Les Mollusques et leur détermination. Société d'édition d'enseignement supérieur, páx. 34.
  8. Dous dentes cardinais iguais, simétricos en relación cunha foseta ligamentaria.
  9. Fossiles. Éditions Artemis, 2006, páx. 50.