Charles Greeley Abbot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles Greeley Abbot
Charles Greeley Abbot00.jpg
Nacemento31 de maio de 1872
 Wilton
Falecemento17 de decembro de 1973
 Cidade de Washington
SoterradoBrentwood
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Phillips Academy
Ocupaciónastrónomo e astrofísico
PremiosMedalha Henry Draper, Prêmio Rumford e Prêmio Charles Stark Draper
editar datos en Wikidata ]

Charles Greeley Abbot, nado o 31 de maio de 1872 e finado o 17 de decembro de 1973, foi un astrofísico e astrónomo estadounidense, secretario da Smithsonian Institution entre 1928 e 1944.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abbot naceu en Wilton, Nova Hampshire gradouse na Phillips Academy en 1891 e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1894, en física química. Samuel Pierpont Langley procuraba un axudante para o Smithsonian Astrophysical Observatory (SAO) e escolleu a Abbot en 1895 pola súa experiencia en traballo de laboratorio malia a súa inexperiencia en astronomía.

Langley especializouse en experimentos aeronáuticos, mentres Abbot actuaba de feito como o director do observatorio desde 1896. Á morte de Langley en 1906 Abbot converteuse no director. Abbot desenvolveu unha técnica para obter un valor máis axeitado para a constante solar, establecéndoa en 1.93 cal/cm²/min (1353 w/m². é o valor actual). Abbot deseñou e construíu aparellos para medir a radiación solar, como un bolómetro que serviu para medir o interior da coroa solar no eclipse de 1900 en Wadesboro, Carolina do Norte.

Estudos[editar | editar a fonte]

Charles G. Abbot en 1934

Abbot, como Langley, pensaba que a radiación solar era variable e que esa variabilidade podía alterar o tempo. Investigou na procura desas variacións, agardando que se puideran utilizar nas predicións meteorolóxicas e mesmo pensou que as detectara, dun orde do 3 ó 10%. Non obstante as investigacións modernas indican que non existe esa variabilidade, agás pequenas variacións debidas ás manchas e erupcións solares. Abbot completou o mapa do espectro infravermello solar, tamén estudou a natureza da transmisión atmosférica e da absorción.

Un cráter da Lúa leva o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]