Charles Duke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles Duke
Official NASA portrait Charles Moss Duke Jr.jpg e Charles Duke (29881269755).jpg
Datos persoais
Nacemento3 de outubro de 1935
LugarCharlotte, Carolina do Norte
Actividade
MisiónsApollo 16
Tempo no espazo11,08 días
PremiosLexionario da Lexión do Mérito, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e Distinguished Eagle Scout Award
editar datos en Wikidata ]

Charles Moss Duke Jr., nado en Charlotte (Carolina do Norte) o 3 de outubro de 1935, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión Apolo 16. Pasou un total de 11,08 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Duke foi o décimo e máis novo home en camiñar sobre a Lúa. Graduouse en ciencias pola Academia Navala dos Estados Unidos en 1957. É máster en Aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1964.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA mentres exercía de piloto de probas en abril de 1966, formando parte dos 19 astronautas seleccionados para formar parte do Proxecto Apollo. Foi membro da tripulación de soporte da misión Apollo 10 e CAPCOM da misión Apollo 11. Foi piloto de apoio do módulo luar da Apollo 13.[1]

Duke foi piloto do módulo luar na misión Apollo 16 entre o 16 e o 27 de abril de 1972. O resto da tripulación estaba formada por John Young (comandante) e Thomas Mattingly (piloto do módulo de mando). Apollo 16 aterrou na rexión luar de Descartes para estudar a zona e tomar mostras para o seu estudo. Duke pasou un total de 11,08 días no espazo. Retirouse da NASA en decembro de 1975 para pasar a traballar no sector priado, sendo propietario de Inversións Duke e presidente de Charlie Duke Enterprises.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Duke, Charles Moss Jr 'Chuck'" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 NASA (ed.). "Charles M. DUKE, Jr." (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]