Charles Camarda
Charles Camarda | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 8 de maio de 1952 |
Lugar | Queens |
Nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Misións | STS-114 |
Tempo no espazo | 13,90 días |
[ editar datos en Wikidata ] |
Charles Joseph Camarda é un astronauta estadounidense que participou na misión STS-114. Pasou un total de 13,90 días no espazo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Camarda naceu o 8 de maio de 1952 en Queens, Nova York. É graduado en enxeñería aeroespacial polo Instituto Politécnico de Brooklyn en 1974, tendo un máster en enxeñería Universidade George Washington en 1980 e un doutoramento en enxeñería aeroespacial pola Universidade do Estado e Instituto Politécnico de Virxinia en 1990. Entre as súas afeccións está a práctica do raquetbol, correr e facer pesas.[1][2]
Foi seleccionado como candidato pola NASA en abril de 1996 e tras dous anos de adestramento pasou a ser astronauta oficialmente. Formou parte da tripulación da misión STS-114.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Charles J. Camarda (Ph.D.) SENIOR ADVISOR FOR INNOVATION, OFFICE OF CHIEF ENGINEER, JOHNSON SPACE CENTER" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Camarda, Charles Joseph" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Camarda ![]() |