Charles Bolden
Charles Bolden | |
---|---|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 19 de agosto de 1946 |
Lugar | Columbia, Carolina do Sur |
Actividade | |
Misións | STS-61-C, STS-31, STS-45 e STS-60 |
Tempo no espazo | 28,36 días |
Premios | Distinguished Flying Cross, Lexionario da Lexión do Mérito, Medalla do Aire, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Orden da Amistade, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e Prémio Nierenberg |
[ editar datos en Wikidata ] |
Charles Frank Bolden Jr., nado en Carolina do Sur o 19 de agosto de 1946, é un astronauta estadounidense retirado e antigo administrador da NASA que formou parte das misións STS-61-C, STS-31, STS-45 e STS-60.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Bolden graduouse en ciencias eléctricas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1968 e é máster en xestión de sistemas pola Universidade de California do Sur en 1977. Graduouse na Academia Militar de Annapolis como tenente segundo do Corpo de Marines dos Estados Unidos en 1968.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-61-C, STS-31, STS-45 e STS-60 e pasando un total de 28,36 días no espazo. Entre o 17 de xullo de 2009 e o 20 de xaneiro de 2017 foi administrador da NASA baixo o mandato de Barack Obama.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Bolden, Charles Frank Jr 'Charlie'" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (4 de agosto de 2017). "Former Administrator Charles F. Bolden" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Bolden |