Chao de Vilar, Vilar, Pontedeume
Aparencia
| Chao de Vilar | |
|---|---|
| Parroquia | Vilar |
| Concello | Pontedeume |
| Coordenadas | 43°23′56″N 8°09′51″O / 43.398821386379, -8.1642802306857 |
| Poboación | 442 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Chao de Vilar é un lugar da parroquia de Vilar no concello coruñés de Pontedeume na comarca do Eume. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2010 tiña 487 habitantes (235 homes e 252 mulleres).
É o lugar máis poboado da parroquia de Vilar e o segundo do concello despois do centro urbano debido en gran medida á Urbanización Olmo, construída na década de 1970 para as persoas que traballaban no estaleiro ASTANO e as súas familias. Así, dos 487 habitantes do lugar en 2010, 382 vivían nesta urbanización, dos que 186 eran homes e 196 eran mulleres.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilar
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vilar no concello coruñés de Pontedeume | |
|---|---|
|
Ar | O Barro | Campo Longo | Chao de Vilar | Cornide | Fonte Melendre | A Igrexa | A Torre |