Chao Meng-Fu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chao Meng-Fu
O cráter Chao Meng-Fu.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mercurio
Diámetro 128,65 km[1]
Coordenadas 87,85° S 133,19° O[1]
Procedencia do nome Zhao Mengfu, pintor chinés.[1]

Chao Meng-Fu é un cráter de impacto de 128 quilómetros de diámetro que está situado no polo sur do planeta Mercurio, o cráter recibiu o seu nome en honra ó pintor chinés Zhao Mengfu (1254–1322).[1] Debido á súa situación, moi preto do centro do polo sur de Mercurio (exactamente nas coordenadas 87,85° S 133,19° O) e a pequena inclinación do planeta, estimouse que o 40%[2] do cráter está permanentemente ás escuras. Este feito está relacionado tamén cos brillantes ecos de radar recibidos dende o cráter, que leva a pensar ós científicos que hai grandes cantidades de xeo ou compostos volátiles dentro do cráter, estes xeos estarían protexidos da sublimación por un baleiro case absoluto a unhas temperaturas moi frías e constantes, en torno ós -171 °C.[3]

Evidencias por radar da existencia de xeo[editar | editar a fonte]

Estudos con radar nos que estaban involucrados os observatorios de Arecibo (Porto Rico), o Goldstone (California, Estados Unidos), e o Very Large Array (Novo México, Estados Unidos) detectaron preto dunhas 20 áreas con alta refractividade, a meirande parte en latitudes polares. Moitas destas áreas coinciden con cráteres fotografados pola sonda Mariner 10, incluíndo a área de refractividade observada máis grande, que está no polo sur e que corresponde ó cráter Chao Meng-Fu.[4][5]

A luminosidade e o tipo de polarización das reflexións de radar deste cráter son moito máis características do xeo que das rochas de silicatos que compoñen codia de Mercurio. Aínda así, estas reflexións son demasiado débiles coma para ser xeo puro, teorizouse coa hipótese de que isto é debido a unha capa fina ou parcial de po sobre o xeo subxacente. Con todo, sen confirmación directa, sempre é posible que a refractividade do radar observada en Chao Menger-Fu e cráteres semellantes fose debida ó deposito de minerais e compostos ricos en metais. A sonda MESSENGER da NASA está orbitando Mercurio dende o 2011, esta sonda podería proporcionar máis evidencias da presenza de xeo neste tipo de cráteres.[3]

Orixes do xeo[editar | editar a fonte]

O xeo do cráter Chao Meng-Fu podería proceder dos impactos de meteoritos e cometas ricos en auga, ou do interior da codia do planeta. Debido ó continuo bombardeo do vento solar e a intensa luz solar, a inmensa maior parte dos depósitos de xeo de Mercurio acaban perdéndose rapidamente no espazo; pero nas sombras permanentes do cráter Chao Meng-Fu, pénsase que as temperaturas son o suficientemente baixas coma para non permitir unha sublimación apreciable e o xeo podería terse acumulado ó longo de miles de millóns de anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Chao Meng-Fu on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 04-04-2012. 
  2. James Salvail, Fraser Fanale (1994). "Near-surface ice on Mercury and the Moon". Icarus 111 (2): 441–455. Bibcode:1994Icar..111..441S. doi:10.1006/icar.1994.1155. 
  3. 3,0 3,1 NASA (ed.). "Ice In An Unlikely Place: Mercury". Solar System Exploration. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2012. Consultado o 04-04-2012. 
  4. L. J. Harcke; et al. (2001). "Radar Imaging of Mercury's North and South Poles at 3.5 cm Wavelength" (PDF). Workshop on Mercury: Space Environment, Surface, and Interior: 36. 
  5. J. K. Harmon; et al. (1994). "Radar mapping of Mercury's polar anomalies". Nature 369 (6477): 213–215. Bibcode:1994Natur.369..213H. doi:10.1038/369213a0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]