Chan de Castiñeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°21′30″N 8°40′21″O / 42.358305555556, -8.6726111111111

Chan de Castiñeiras
Mámoa do Rei
Tipomegálito
EnMarín e Vilaboa
PaísGaliza
42°21′30″N 8°40′21″O / 42.358305555556, -8.6726111111111
editar datos en Wikidata ]

O conxunto megalítico do Chan de Castiñeiras ou conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras é un dos campos de mámoas máis importantes de Galiza. Atópase nas inmediacións do Parque de Cotorredondo e da Lagoa de Castiñeiras, entre os concellos de Vilaboa e Marín, na provincia de Pontevedra. Forma parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Estas manifestacións, ás que se lle atribúe unha función funeraria, xurdiron durante o Neolítico e a Idade do Cobre ou Calcolítico, especialmente na franxa atlántica europea.

Entre todos eles destaca a coñecida como Mámoa do Rei, de grandes dimensións. Trátase dun dolmen de cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados. Durante a escavación desta mámoa polo equipo dirixido por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza atopáronse numerosos restos recollidos por Antonio de la Peña.[1] Foi restaurado e reconstruído en 2003.[2]

Completan o conxunto outros oito dolmens, en diferentes estados de conservación, construídos tamén arredor do ano 3.000 a. C., e situados na contorna do lago de Castiñeiras.

Outros exemplos[editar | editar a fonte]

No mesmo concello descubríronse túmulos funerarios nas parroquias de Figueirido e Vilaboa. Tamén no concello de Marín, que comparte este conxunto megalítico, existen outros dolmens en bo estado de conservación. Entre elas, as situadas en Chan da Armada, en Santo Tomé de Piñeiro; Chan da Lagoa, en San Xián de Marín; e Pastoriza, en Ardán.

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.