Chalé Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chalé Antón
CASA ANTON WIKI.jpg
Chalé Antón en Ferrol
Edificio
Estilomodernista
LocalizaciónFerrol España España
Coordenadas43°28′52″N 8°14′28″O / 43.481066, -8.241244Coordenadas: 43°28′52″N 8°14′28″O / 43.481066, -8.241244
PropietarioDiscípulas de Jesús
Uso(s)centro educativo
Construción
Inicio1918
Dimensións
Plantas3
Equipo
Arquitecto(s)Rodolfo Ucha Piñeiro
PromotorEmilio Antón Iboleón
editar datos en Wikidata ]

O chalé Antón, tamén coñecido como casa Antón, é un edificio de estilo modernista, proxectado na cidade de Ferrol polo arquitecto galego Rodolfo Ucha Piñeiro en 1918. A casa, destinada a vivenda particular, foi un encargo de Emilio Antón Iboleón, comerciante e alcalde da cidade en diferentes lexislaturas.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O edificio constaba orixinariamente dun semisótano, planta baixa, primeiro piso e segunda planta baixo-cuberta. Con todo, unha reforma executada en 1960 alterou a súa imaxe e volumetría ao engadírselle unha altura máis, que eliminou o xogo de cubertas e bufardas, características orixinais que lle outorgaban unha especial singularidade.[2]

Na fachada destacan a decoración dos vans, especialmente nos guardapolvos e parte inferior dos antepeitos. E moi particularmente o miradoiro hexagonal situado na esquina, con amplas xanelas de carpintaría de madeira, inequivocamente modernistas, rematado por un estilizado chapitel.[2] A entrada ao edificio prodúcese a través dun patio de clara inspiración andaluza, co que Emilio Antón lembraba a terra da súa muller.[1] Destacan igualmente as marquesiñas de vidro montadas sobre forxa, e o cerramento da leira con machones e reixes de coidado deseño. A edificación pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena e á ruta modernista de Ferrol.[3] Na actualidade, o edificio é sede do Colexio «Jesús Maestro» das Discípulas de Jesús. [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Burgoa, Juan José (19 de novembro de 2017). "Emilio Antón Iboleón". Diario de Ferrol (Grupo La Capital). Consultado o 26 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Castelo Álvarez, Bernardo (2000). Ferrol: morfología urbana y arquitectura civil, 1900-1940 (1ª ed.). A Coruña: Universidade da Coruña. pp. 295–298. ISBN 84-95322-74-9. 
  3. Oficina de Turismo. "Modernismo en Ferrol" (PDF). Ruta por el Modernismo ferrolano (en español). Concello de Ferrol. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  4. Colegio Jesús Maestro. "Edificio singular" (en español). Consultado o 26 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]