Ceraunius Tholus
![]() | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos xerais | |
Tipo | tholus e extinct volcano (en) ![]() ![]() |
Corpo astronómico | Marte ![]() |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 24°00′N 262°45′L / 24, 262.75 ![]() |
Diámetro | 129 km ![]() |
Altitude | 8.500 m ![]() |
Cuadrángulo | Quadrângulo de Tharsis (pt) ![]() ![]() |
Localización | |
mapa non dispoñible: marte | |
Identificadores | |
GoPN | 1106 ![]() |
Ceraunius Tholus é un volcán situado en Marte, dentro do cuadrángulo de Tharsis a 24° de latitude norte e 262,75° de lonxitude este,[1] e fai parte do grupo de volcáns Uranius. Ten 130 km de ancho, 5,5 km de altitude e recibiu o nome dun antigo accidente xeolóxico.
Polo xeral pénsase que ten un escudo basáltico coa parte inferior soterrada baixo a chaira formada por lavas. As interpretacións anteriores suxerían que era un estratovolcán.[2] As ladeiras de Ceraunius Tholus son bastante empinadas cunha pendente media de 8°, con moitas canles de erosión radial e vales esfuracados que se estenden dende abaixo do bordo da caldeira cara á base do volcán. A hipótese actual é que os vales foron erosionados pola auga.[3][4] As características máis interesantes de Ceraunius Tholus son tres grandes canóns no flanco noroeste de Ceraunius Tholus, que son de ata 2,5 km de ancho e 300 m. de profundidade. O máis grande destes tres tamén parece se-lo o máis novo e sobresae dende o punto máis baixo da caldeira volcánica e remata no interesante cráter Rahe (un cráter de impacto oblicuo con medidas de 35 × 18 km.), xusto ó norte do volcán onde formou un deposito en forma de abano. A súa orixe é aínda discutible e hai catro principais modelos propostos: a acción fluída, os fluxos volcánicos, o val é unha canle de lava ou algunha combinación de modelos anteriormente mencionados.[5]
Ceraunius semella pequeno en comparación con outros volcáns máis grandes, pero é case tan alto coma o Monte Everest da Terra.[6]
A caldeira de Ceranius Tholus tamén está salpicada de moitos pozos de colapso, que son distintos dos cráteres de impacto xa que non teñen anel e varían en abundancia ó longo da caldeira. Ceraunius Tholus probablemente formouse durante o período Hesperiano tardío.
Glaciares
[editar | editar a fonte]Algúns científicos cren que os glaciares poden existir en moitos dos volcáns de Tharsis incluíndo a Olympus Mons, Ascraeus Mons e Pavonis Mons. Os glaciares de Ceraunius Tholus poderíanse ter derretido no pasado para formar algúns lagos temporais. A suavidade e o liso do chan da caldeira de Ceraunius Tholus suxire que no pasado a auga de desxeo acumulábase nun lago situado na mesma caldeira do volcán.[7]
Medio ambiente ó redor de Ceraunius Tholus
[editar | editar a fonte]Ceraunius Tholus está na elevación de Tharsis, tamén chamada protuberancia de Tharsis. [3] Tharsis é unha terra de grandes volcáns. Olympus Mons é o volcán máis alto coñecido. Ascraeus Mons e Pavonis Mons teñen polo menos 320 km de ancho e teñen máis de 10 km de altitude por riba da meseta na que se asentan. A meseta está entre 4,8 a 6,44 km quilómetros por riba da altitude cero de Marte. [8]

-
A canle de Ceraunius Tholus, visto polo HiRISE. O cumio do cráter de Ceraunius Tholus está xusto á dereita desta imaxe. Fai clic na imaxe para ve-las raias escuras da pendente. A barra da escala ten 1000 metros de longo.
-
Vista de Ceraunius Tholus e Uranius Tholus dende cámara da Mars Orbiter.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Tholus, tholi: Ceraunius Tholus on Mars". Consultado o 17-04-2019.
- ↑ Characteristics of valleys on Ceraunius Tholus and their formation: Part I. Caleb I. Fassett and James W. Head, Dept. of Geological Sciences, Brown University, Providence, RI 02912. Microsymposium 38, MS016, 2003
- ↑ 3,0 3,1 Michael H. Carr (2006). Cambridge University Press, ed. The surface of Mars. ISBN 978-0-521-87201-0. Consultado o 21-03-2011.
- ↑ Gulick, Virginia C.; Baker, Victor R.; (1990). "Origin and Evolution of Valleys on Martian Volcanoes". Journal of Geophysical Research 95: 14325–14344. Bibcode:1990JGR....9514325G. doi:10.1029/JB095iB09p14325.
- ↑ Fassett, C; Headiii, J; (2007). "Valley formation on martian volcanoes in the Hesperian: Evidence for melting of summit snowpack, caldera lake formation, drainage and erosion on Ceraunius Tholus" (PDF). Icarus 189: 118. Bibcode:2007Icar..189..118F. doi:10.1016/j.icarus.2006.12.021. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2016. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ Morton, O. 2002. Mapping Mars. Picador, NY
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2016. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ Norton, O. 2002. Mapping Mars. Picador, New York.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceraunius Tholus ![]() |