Cepólidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cepolidae»)
Acanthocepola krusensternii
Cepola macrophthalma

Os cepólidos (Cepolidae) son unha familia de peixes mariños, a única incluída na superfamilia Cepoloidea dentro da orde Perciformes.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Teñen un corpo alargado, comprimido e aguzado cara á rexión caudal. As aletas dorsal e anal conflúen coa caudal nunha longa e baixa aleta única; aquelas non posúen radios espiñosos ou, como moito 4 a primeira e 1 a segunda. A liña lateral segue o perfil do dorso ó longo da base da aleta dorsal.

Alcanzan tamaños de ata 70 cm de lonxitude, no caso da Cepola macrophthalma (antes C. rubescens [1]), común no mar Mediterráneo.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Son peixes mariños distribuídos polo Atlántico oriental, incluído o Mediterráneo, e Indo-Pacífico oriental ata Nova Zelandia. Adoitan vivir en buratos que escavan na area ou na lama, e aliméntanse de zooplancto. Os ovos son peláxicos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Divídense en 5 xéneros:

  • Acanthocepola, Bleeker 1874
  • Cepola, Linnaeus 1766
  • Owstonia, Tanaka 1908
  • Pseudocepola
  • Sphenanthias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]