O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia forma parte do Consello da Cultura Galega. O seu obxectivo principal é a normalización lingüística do galego.[1]
Ten dúas vías de traballo, por unha banda, como Arquivo de Planificación Lingüística compila a documentación relacionada coa planificación do galego e doutras linguas minorizadas e, por outra banda, como Centro de Documentación Sociolingüística xestiona documentación e información para a planificación lingüística.[1]