Saltar ao contido

Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo

 Centro de Cultivos Mariños
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata

O Centro de Cultivos Mariños é unha sección do Centro de Investigacións Mariñas, dependente da Consellaría do Mar da Xunta de Galicia. Ten a súa sede no peirao de Porcillán, en Ribadeo.[1] En 2023 a súa directora é Dorotea Martínez Patiño.

Función e organización

[editar | editar a fonte]

A súa función básica é o desenvolvemento de investigacións encamiñadas a conseguir unha xestión racional e eficiente dos recursos mariños renovables no ámbito xeográfico de competencia da Administración autonómica de Galicia.[2]

Dispón dunha biblioteca, duns 700 volumes, para o persoal, mais de acceso público con carácter restrinxido.[3] A súa evolución caracterízase pola estabilidade: en 2015 contaba con 19 postos de traballo (incluídos bolseiros e persoal de mantemento), pasando a 20 en 2020[3].

Produción

[editar | editar a fonte]

Nos 1990 logrou a reprodución de coquina para o seu cultivo nas rías galegas.[4] Entre 2018 e 2023 produciu máis de 12 millóns de sementes de moluscos bivalvos para a súa implementación nas rías.[5] No 2023 está a traballar en investigacións relacionadas co ourizo, ostra, macroalgas ou os bancos naturais das distintas rías.

  1. Mantra (2015-02-19). "Centro de Cultivos Marinos de Ribadeo (CIMA)". Observatorio Español de Acuicultura (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-27.
  2. "Centro de Investigacións Mariñas. Memoria 2015" (PDF). Consellaría do Mar. Consultado o 27 de setembro de 2023.
  3. 1 2 "Centro de Investigacións Mariñas. Memoria 2020." (PDF). Consellaría do Mar. Consultado o 27 de setembro de 2023.
  4. Agremon (15 de marzo de 2018). "Centro de cultivos mariños". Ribadeando. Consultado o 2023-09-27.
  5. "El Cima ribadense es un centro clave para todo el marisqueo gallego". El Progreso de Lugo (en castelán). 21 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-27.