Saltar ao contido

Centro Gallego de Montevideo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Centro Gallego de Montevideo
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
30 de agosto de 1879 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios
Localización
 Localización
 Enderezo
San José Editar o valor en Wikidata
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Centro Gallego de Montevideo é unha organización civil uruguaia, situada na rúa San José 870 de Montevideo.

Fundado o 30 de agosto de 1879, é o centro galego máis antigo do mundo. O seu presidente é Julio Ríos Serapio.[1][2][3]

A institución ten catro grupos estables de baile, o Ballet Folclórico Galego Alborado, a Escola Rexional de Danza Regional Gallega, o Ballet de España e o Grupo Folclórico Raigamenes formado por persoas maiores. Tamén conta cunha banda de gaitas e unha publicación anual patrocinada pola Xunta de Galicia. Na institución hai un cadro da artista Mariela Zilli chamado "Romería". Ademais dos membros da xunta directiva que se renovan cada dous anos, están a Comisión de Festas, a de Cultura, a de Tesourería, a de Deportes e a de Obras.[4]

O seu centro deportivo está situado na Avenida Italia 7504. Entre as actividades hai actividades recreativas e de piscina.

  1. "El Centro Gallego de Montevideo, el más antiguo del mundo". espanaexterior.com (en castelán). 4 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  2. "Julio Ríos gana las elecciones y continuará como presidente del Centro Gallego de Montevideo". aegu.org.uy (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  3. "Directiva". centrogallego.com.uy (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  4. Centro Gallegó de Montevideo. Memoria y Balance período 2018 y 28 de febrero de 2019.]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]