Saltar ao contido

Celeste Caeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCeleste Caeiro
Biografía
Nacemento2 de maio de 1933 Editar o valor en Wikidata
Socorro (Portugal) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Leiria, Portugal Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCeleste dos Cravos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncamareira, activista pola paz, contemporary witness (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Portugués (1994–) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
25 de abril de 1974Revolución dos caraveis Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm14514765 Editar o valor en Wikidata

Celeste Martins Caeiro, nada no Socorro (Lisboa) o 2 de maio de 1933[1] e finada en Leiria o 15 de novembro de 2024,[2] foi a muller que o 25 de abril de 1974 distribuíu caraveis entre os militares que estaban a dar un golpe de Estado para derrubar o réxime ditatorial liderado por Marcelo Caetano. É por este xesto seu que este acontecemento histórico é coñecido como Revolución dos Caraveis.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De mai galega, Celeste é a máis nova dos tres fillos de Teodora de Viana Martins Caeiro e case non coñeceu o pai, que os abandonou.[4][5] En 1974 Celeste Caeiro tiña 40 anos e vivía nun cuarto que alugara no Chiado. Traballaba no gardarroupa[5] dun restaurante chamado Sir[6][7] na Rua Braancamp en Lisboa. O restaurante, inaugurado o 25 de abril de 1973, facía un ano dende a apertura ese día e a xerencia planeaba agasallar con flores as clientas e cun porto os clientes.[5] Porén, como estaba a acontecer o golpe de Estado, o restaurante non abriu.[8] O xerente díxolle ao seu persoal que volvese para a casa e deulles os caraveis para levar, xa que non ían poder ser distribuídos entre as clientes. Cadaquén levou do almacén un feixe de caraveis vermellos e brancos.[3][8][9]

Mural do 25 Abril

Cando volvía para a casa, Celeste colleu o metro para o Rossio e dirixiuse ao Chiado, onde se atopou inmediatamente cos tanques dos revolucionarios. Achegouse a un dos tanques, preguntou o que pasaba e un soldado respondeulle "Nós imos cara o Carmo para deter o Marcelo Caetano. Isto é unha revolución!". O soldado pediulle a maiores un cigarro,[8] pero Celeste non tiña ningún. Celeste quería comprarlles algunha cousa para comer, pero as tendas estaban todas fechadas. Así que lle deu a única cousa que tiña para dar: caraveis, dicindo: "Se quere tome, un caravel ofréceselle a calquera persoa", e deulle un caravel vermello.[7] O soldado aceptou o caravel, e puxo a flor no cano do fusil. Celeste foi dando caraveis ós soldados que ía encontrando, dende o Chiado ata o pé da Igrexa dos Mártires.[3][10]

Logo deste xesto seu, Celeste foi chamada Celeste dos cravos.[11] No ano 1999, a poeta Rosa Guerreiro Dias dedicoulle o poema Celeste em Flor.[12]

No ano 2016 vivía cunha pensión de 370 euros nunha pequena casa a poucos metros da Avenida da Liberdade.[13]

  1. Caeiro, Celeste (24 de Abril de 2013). Fui eu que distribui os cravos da revoluçao (en portugués). Entrevista con Lino,Conceição. Boa Tarde. Lisboa. 
  2. "Falece Celeste Caeiro, a muller que fixo dos cravos o símbolo do 25 de abril". Nós Diario. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Araújo Branco, Isabel (2000). "25 DE ABRIL SEMPRE! - A flor que deu o nome à Revolução: «Um cravo oferece-se a qualquer pessoa»". Avante! (en portugués) (1378). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  4. "Conheça Celeste Caeiro, mulher que com cravos deu nome à Revolução em Portugal - Notícias - R7 Internacional". noticias.r7.com (en portugués). Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Veiga, Marta (27 de abril de 2018). "Celeste dos cravos". Diario de Pontevedra. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  6. O edifício Franjinhas vai ficar de cara lavada
  7. 7,0 7,1 "Celeste Caeiro, la mujer que “bautizó" la revolución lusa". La Región (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Celeste dos Cravos". canal da camara de Lisboa (en portugués). 23 de abril de 2014. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  9. "Os cravos vermelhos, símbolos de Abril". RTP, Rádio e Televisão de Portugal (en portugués). Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  10. "▶ Vídeo: A mulher que fez do cravo o símbolo da revolução". JN (en portugués). 25 de abril de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  11. "Celeste Caeiro, a mulher que deu nome à revolução em Portugal". Radar Global (en portugués). 25 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  12. "Vamos Falar de Abril: Celeste em flor nos canteiros da Mouradia". Vamos Falar de Abril. 17 de marzo de 2014. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  13. Poncini, Helena (24 de abril de 2016). "Ella es Celeste Caeiro, la mujer que, con un pequeño gesto, dio nombre a la Revolución de los Claveles". El Periódico (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]