Cele Basanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cele Basanta
Información persoal
Nome Celedonio Basanta Casal
Nacemento 14 de decembro de 1929
Lugar de nacemento Covas
Falecemento 8 de novembro de 2005
Lugar de falecemento Nova York
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950–1954 Real Iberia
1954–1957 Casino Español
1958–1960 Club Atlético
Selección nacional
1955–1960 Cuba 14
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Celedonio Basanta Casal, nado en Covas, Viveiro, o 14 de decembro de 1929, e finado en Nova York o 8 de novembro de 2005, foi un futbolista galego. Foi internacional coa selección de Cuba.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seus pais, Celedonio Basanta García e Josefa Casal, eran dous viveirenses afincados en Cuba. Cele naceu en 1929 en Covas, a onde súa nai regresara para recuperarse duns problemas de saúde.[1] Criouse en Viveiro, onde comezou a xogar ao fútbol, e en 1948 marchou con seu pai para Cuba, onde traballou como representante dunha casa de pinturas.[1]

Xogou en equipos de barrio da Habana e en 1950 fichou polo Real Iberia, no que militou ata 1954.[2] Pasou entón ao Casino Español, co que conquistou o Campionato Nacional de Cuba en 1956.[1] Dende 1958 ata 1960 xogou no Club Atlético de Cuba.

Posteriormente instalouse en Nova York, onde traballou no mantemento dun edificio de Manhattan. Faleceu na cidade estadounidense o 8 de novembro de 2005, aos 75 anos de idade.

Selección cubana[editar | editar a fonte]

O seu bo xogo nos clubs da Habana fixo que fose convocado pola selección cubana, coa que debutou en 1955. Xogou no combinado cubano ata a Copa CCCF de 1960.[3][4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1965 en Nova York con Josefina Sánchez (natural de Veigue, Sada), coa que tivo tres fillos: Roberto Manuel, José Antonio e Rosemary Soledad.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Fernández, Martín (2 de agosto de 2020). "Cele Basanta, de Viveiro, ganó la liga de Cuba en 1955 con el Casino Español C.F.". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. Fernández, Martín (2 de agosto de 2020). "Conrado y Basanta, dos futbolistas mariñanos en la Selección de Cuba". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  3. "Copa CCCF 1960". rsssf.com (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  4. "Cuba en el IX Campeonato". Diario de la Marina (en castelán). 9 de febreiro de 1960. p. Suplemento 14. Consultado o 26 de abril de 2021.