Ceferino Maestú Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCeferino Maestú Barrio
Nome orixinal(es) Ceferino Luis Maestú Barrio Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Boadilla del Monte, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , sindicalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorQ2840265 Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiCeferino Maestú Novoa Editar o valor em Wikidata

Ceferino Luis Maestú Barrio, nado en Vigo o 30 de outubro de 1920 e finado en Boadilla del Monte o 13 de decembro de 2016, foi un xornalista e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ceferino Maestú Novoa, alcalde de Vigo, republicano que foi fusilado polos golpistas logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Ceferino afiliouse moi novo a Falange e combateu na guerra nas filas do exército sublevado.

Xornalista de profesión,[1] traballou en medios da «Prensa del Movimiento». En 1948 fundou a axencia de noticias «Fiel», absorbida por EFE en 1968.[2] Foi vogal do Sindicato provincial del Papel, Prensa y Artes Gráficas de Madrid. Desilusionado coa liña oficial franquista, desenvolveu unha liña de actuación alternativa aos Sindicatos verticais.[3] En 1963 foi un dos fundadores da Frente de Estudiantes Sindicalistas (FES) xunto a Sigfredo Hillers, Narciso Perales e Juan Diego.[4][5] Maestú, que mantivo contactos co Partido Comunista de España,[6] tamén participou na fundación do sindicato Comisións Obreiras.[7] Consecuencia das súas actividades, foi detido pola policía franquista en 1966.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jáuregui & Vega 1985, p. 119.
  2. Domínguez 2016, p. 172n.
  3. Morente 2005, p. 236.
  4. Ellwood 1984, p. 234.
  5. Blanco Moral 1990, p. 194.
  6. Ellwood 1984, p. 238.
  7. Ben-Amí 1980, p. 180.
  8. Ellwood 1984, p. 239.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ben-Amí, Shlomo (1980). La revolución desde arriba: España 1936-1979. Ríopiedras.