Cavatina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A cavatina (diminutivo da palabra italiana cavata, extracción) é a aria coa que se presentan en escena os personaxes, e polo tanto tamén os cantantes, nas óperas italianas. En voga sobre todo no século XIX, é coñecida tamén como aria de saída.

A estrutura en dous tempos da cavatina do século XIX, na que se quixo recoñecer un tratamento formal característico, é en realidade a forma típica da aria na ópera italiana da primeira metade do século. En todo caso, o que require unha cavatina é unha escritura vocal esixente, que permita ao cantante mostrar as súas habilidades ao publico ante o que se presenta.

Ás veces, no século XVIII, o termo cavatina foi empregado como diminutivo de cavata, forma do século XVII de diverso significado.

Na ópera francesa do século XIX empregouse tamén, de xeito excepcional, o termo "cavatine"

Exemplos de cavatinas famosas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]