Catwoman
| Catwoman | |
|---|---|
|
Tipo personaxe
| |
| Obra | |
|
Presente na obra
Batman
The New Batman Adventures The Batman (pt) Batman: The Animated Series Batman (pt) Batman Ninja Batman: The Brave and the Bold Injustice: Gods Among Us (pt) Batman: Arkham Origins Blackgate (pt) DC Showcase: Catwoman (pt) Batman Returns Injustice 2 (pt) Batman: Silêncio (filme) (pt) Batman: Gotham by Gaslight (en) Batman, a Lego película Batman: Arkham Knight Batman volve Batman: Arkham City Gotham Batman vs. Two-Face (pt) The Dark Knight Rises Batman: Year One (filme) (pt) Batman (pt) Batman: Return of the Caped Crusaders (pt) The Dark Knight Returns (pt) The Batman | |
|
Universo ficticio
| |
|
Creador/a
| |
| Biografía | |
|
Lugar de nacemento
| |
|
Sexo
| |
|
Linguas faladas
| |
|
Armamento
| |
| Actividade | |
|
Inimigo/a
| |
|
Alumno/a de
| |
|
Docente de
| |
|
Membro de
| |
| Familia | |
|
Nai
| |
|
Pai
| |
|
Parella
| |
|
Irmá/n
| |
|
Fillo/a
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons |
Catwoman é un personaxe ficticio creado por Bill Finger e Bob Kane quen aparece nos cómics estadounidenses publicados por DC Comics, xeralmente en asociación co superhéroe Batman. Debutando como "The Cat" en Batman #1 (primavera 1940), é un dos inimigos que máis aparece nas aventuras do Cabaleiro Escuro (Batman). Con todo, o personaxe tamén foi descrito como unha antiheroina e convértese no interese amoroso máis coñecido de Batman, con moitas historias describindo a súa complexa relación de amor-odio.[1]
Catwoman é o alter ego de Selina Kyle, unha ladroa de Gotham City que usualmente usaba un traxe axustado dunha peza e usaba un látego como arma. Orixinalmente era unha supervilá e adversaria de Batman, pero apareceu nunha serie homónima en 1990 que a retrataba como unha antiheroína, a miúdo cunha filosofía moral utilitaria. O personaxe prosperou nas súas primeiras aparicións, pero tivo unha extensa pausa desde setembro de 1954 a novembro de 1966 debido ao desenvolvemento de Comics Code Authority en 1954. Isto afectou as regras sobre o desenvolvemento e a representación dos personaxes femininos que violaban o Comics Code, este código xa non está en uso. Nos cómics ademais de Selina Kyle, Holly Robinson e Eiko Hasigawa adoptaron a identidade de Catwoman.[2][3]
Noutros medios de comunicación
[editar | editar a fonte]Catwoman fixo o seu debut no 1966 na serie de televisión Batman, retratada por Julie Newmar; era tamén retratada por Lee Meriwether na adaptación do filme e por Eartha Kitt na terceira temporada. O personaxe máis tarde apareceu en Batman volve de Tim Burton , retratada por Michelle Pfeiffer. O filme en solitario de Catwoman foi estreado en 2004 no cal foi retratada por Halle Berry. Anne Hathaway retratou o personaxe en Christopher Nolan en O cabaleiro escuro: a lenda renace. Foi retratada por Zoë Kravitz no filme de Matt Reeves The Batman. Catwoman tamén apareceu na serie de televisión Gotham (2014–2019), no cal foi retratada por Camren Bicondova e Lili Simmons (adulto).
Recepción
[editar | editar a fonte]Catwoman foi clasificada no nº 11 en IGN na lista "Os 100 mellores villanos de cómics de todos os tempos",[4] e no nº 51 na revista Wizard na lista "Os 100 mellores villanos de todos os tempos".[5] E ao revés, tamén foi clasificada no nº 20 en IGN na lista "Os 100 mellores superheróes de cómics de todos os tempos".[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fleisher, Michael L. (1976). The Encyclopedia of Comic Book Heroes Volume 1: Batman. Macmillan Publishing Co. pp. 105–110. ISBN 0-02-538700-6. Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ Beatty, Scott (2008). "Catwoman". En Dougall, Alastair. The DC Comics Encyclopedia. New York: Dorling Kindersley. pp. 74–75. ISBN 978-0-7566-4119-1. OCLC 213309017.
- ↑ Houxbois, Emma (29 de decembro de 2014). "Review: Catwoman Annual #2". The Rainbow Hub. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2015.
- ↑ "Catwoman is Number 11". IGN. 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009.
- ↑ Wizard #177 (Xullo de 2006). p. 88.
- ↑ "IGN's Top 100 Comic Book Heroes of All Time". IGN. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014. Consultado o 05 de marzo de 2023.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Catwoman |
- Catwoman na páxina oficial de DC Comics
- Catwoman a través dos anos – unha presentación da revista Life
- "Catwoman (of Batman: The Animated Series) from BatmanTAS.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2005.
- Catwoman en DC Database, a wiki en inglés de DC Comics
- "Girls With Gauntlets". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2006. – a influencia de Catwoman nas heroínas de acción da década de 1990
- Moore, Booth (24 de xaneiro de 2011). "Catching up with the original Catwoman, Julie Newmar". Los Angeles Times. Consultado o 24 de xaneiro de 2011.