Castro de Amboade
Coordenadas: 42°31′50″N 7°41′38″O / 42.530564, -7.693911
Castro de Amboade | |
---|---|
Parroquia | Vilar de Ortelle |
Concello | Pantón |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27041020 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 1,2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Amboade é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Vilar de Ortelle no concello de Pantón.
O nome deste castro, era Evolati, no século VIII. Nos últimos do século XI, chamouse Deuvoari. No século XIII, Emboade. E, dende o século XV, pronúnciase e dise Amboade.
Situación[editar | editar a fonte]
Está no declive do monte que, cara o oeste, termina no lugar de Amboade, nas vertientes do río Miño.
Descrición[editar | editar a fonte]
É redondo, cun diámetro de cento vinte metros da praza central. A súa altura dende o foso, é de oito a doce metros, segundo a profundidade do foso. Ten un gran foso, en moita extensión, aberto na pena, de seis metros de ancho, de leste a oeste, un contrafoso, doutros seis metros de ancho, que, nos seus extremos, liga co foso; a súa altura, é de dez metros.
Observacións[editar | editar a fonte]
Facendo roturacións para edificar unha casa no mesmo foso do castro, foi atopado un amuleto de metal, de forma case triangular, figurando dous animais que sostiñan unha especia de escudo.