Castilléjar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastilléjar
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°42′53″N 2°38′35″O / 37.714722222222, -2.6430555555556Coordenadas: 37°42′53″N 2°38′35″O / 37.714722222222, -2.6430555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada Editar o valor em Wikidata
CapitalCastilléjar Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.288 (2023) Editar o valor em Wikidata (9,76 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie132 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude792 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataJosefa Carasa Ballesta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal18818 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE18045 Editar o valor em Wikidata

Sitio webcastillejar.es Editar o valor em Wikidata

Castilléjar (antes coñecido como Castilléjar de los Ríos) é unha localidade e un municipio español pertencente á provincia de Granada, na comunidade autónoma de Andalucía.

Está situado no extremo nororiental da provincia, na comarca de Huéscar que, xunto coa de Baza, conforman unha rexión denominada o "Altiplano de Granada".

Limita cos municipios de Huéscar, Galera, Cúllar, Benamaurel e Castril. Outras localidades próximas son Cortijos del Cura e San Marcos.

Dista 136 km de Granada e 175 km de Murcia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello está formado polos núcleos de Castilléjar, Los Carriones e Los Olivos.

Situado a 792 msnm, ten unha superficie de 131,33 km². Segundo o censo de 2015 a súa poboación era de 1 400 habitantes,[1] o que facía unha densidade de poboación de 11,32 hab./km².

O seu termo municipal está nunha fértil veiga que se estende ás beiras dos ríos Galera e Guardal, con algunhas das paisaxes de badlands máis espectaculares do Altiplano Granadino.

Conta, ademais, con numerosas casas-cova, tradicionais das rexións de Andalucía Oriental e Murcia.

Aínda que a Igrexa de Nosa Señora da Inmaculada Concepción, as Covas da Mourería e sitios arqueolóxicos como os da Balunca ou da Sacristía posúen un valor innegábel, o patrimonio monumental de Castilléjar non é tan importante como o doutras cidades e localidades históricas de Andalucía. Iso si, o municipio conta cun moi valioso patrimonio ambiental e etnográfico. A verdadeira riqueza patrimonial de Castilléjar está constituída polo tesouro medioambiental que representa a extensa zona esteparia dos badlands, a cultura troglodítica resultante do hábitat en covas, e no aínda hoxe palpábel modo de vida tradicional, froito das singularidades desta localidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona onde se asenta Castilléjar serviu de hábitat humano desde a Prehistoria, como o demostran os sitios arqueolóxicos das covas de Guardal. Hai vestixios dun poboado ibero, chamado Castro de la Balunca que data dos séculos VI e V a.C.. Posteriormente albergou tribos bastetanas. Os árabes ocuparon o seu territorio ao que chamaban al-Qulayat (alcalá ou "castilleja"), até que en 1488 foi reconquistado polos Reis Católicos e pasou a depender da casa de Alba.

Tras a expulsión dos mouriscos, decretada polo rei Filipe III e efectuada entre 1609 e 1613 (os de Andalucía, en 1610), toda a zona foi repoboada por xentes vindas do norte da península, principalmente do País Vasco, Navarra e Aragón. Por iso son frecuentes apelidos como Abellán, Barea, Carricondo, Ibar, Iriarte, Lizarte, Mañas, Navarro, Uribe ou Vegara.

O nome da localidade foi nun principio o de "Castillexa", e como tal permaneceu até finais do século XVIII, para pasar a denominarse Castilléjar de los Ríos do que quedou só o seu actual topónimo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos do INE.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]