Castelo de Verrès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castelo de Verrès
Castelloverres.jpg
ConcelloVerrès
ProvinciaVal de Aosta
Comunidade
autónoma
Italia
Coordenadas45°40′11″N 7°41′44″L / 45.6697, 7.69556Coordenadas: 45°40′11″N 7°41′44″L / 45.6697, 7.69556 e 45°40′12″N 7°41′46″L / 45.669968, 7.696001Coordenadas: 45°40′12″N 7°41′46″L / 45.669968, 7.696001{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalGótico (1372-1390)
Estado actualBen conservado
Véxase tamén
Castelos de Italia
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Verrès é un dos monumentos medievais máis famosos do Val de Aosta,[1] lugar de paso entre Italia e o noroeste europeo. Foi construído no século XIV como unha fortaleza militar de Ibleto de Challant (1330 - Verrès, 1409), ilustre membro da liñaxe Challant, que ostentaba o cargo de Capitán Xeral e Gobernador do Piemonte entre 1379 e 1404, durante o reinado de tres condes Amedeos da Casa de Savoia: o VI, o VII e Amedeo VIII de Savoia|o VIII.

É un dos primeiros exemplos de castelo monobloque, é dicir, constrído nun único edificio, a diferenza dos castelos máis antigos formados por un conxunto de construcións protexidas por unha muralla.[2] As obras duraron preto de vinte anos e en 1390 estaban rematadas. No século XVI, aproveitando a orografía, fíxose unha cinta murada rodeando a edificación para adaptala a novos usos militares. Presenta, ademais desta muralla, numerosos elementos que amosan o seu carácter defensivo: portas fortificadas, portelas a diferentes andares, galería exterior en beiril...

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Assessorato Istruzione e Cultura (30/12/2004). Regione Autonoma Valle d'Aosta, ed. "Castelli, torri e dimore storiche". Castelli in Valle d'Aosta. Consultado o 16/10/2011. 
  2. Regione Autonoma Valle d'Aosta, ed. (16/08/2005). "Il castello di Ibleto di Challant". Castello di Verrès. Consultado o 16/10/201. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]