Castelo de Trigueros del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Trigueros del Valle
ben de interese cultural
ConcelloTrigueros del Valle
ProvinciaValladolid
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°49′42″N 4°39′00″O / 41.828333333333, -4.65Coordenadas: 41°49′42″N 4°39′00″O / 41.828333333333, -4.65
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século XV)
Estilo actualRuínas
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Trigueros del Valle é unha fortificación de orixe medieval situada na localidade de Trigueros del Valle, na provincia de Valladolid. É propiedade do Concello, e atópase en estado ruinoso sen proxectos de restauración.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1427 Xoán II de Castela concedeu privilexio a Fernán Alfonso de Robles para fundar Morgado, incluíndo Trigueros e o seu val, pero ese mesmo ano foi encarcerado por alzarse contra o valido real e morreu asasinado tres anos máis tarde. En 1453 o seu fillo Gutierre de Robles coa súa muller, María de Guevara, realizaron obras no castelo: os seus escudos poden verse sobre a porta, xunto á data. En 1469 mandaron facer o cruceiro e as súas capelas funerarias na igrexa de San Miguel.

Á morte de Gutierre, o seu fillo Fernán non acatou as disposicións testamentarias que favorecían a súa nai, e tomou o castelo. Finalmente acordaron deixar a fortaleza en mans de Fernán (1480); o seu despotismo provocou o asalto do castelo por parte dos veciños durante a guerra das comunidades, que se recrea historicamente cada verán. Os danos reparáronse e a barreira adaptouse para o uso da artillaría; as torres angulares son de nova planta.

Ao recinto principal, máis antigo, éntrase baixo unha torre defensiva que presenta unha enorme troneira accesible dende os adarves, aos que a torre dá continuidade cun corredor aloxado no muro; a estrutura reaparece na torre da homenaxe, optimizando a defensa; a edificación doméstica pegábase aos muros do recinto. O castelo presenta un singular despregamento de grandes cortes subterráneas abovedadas.

Arredor duns oito metros dunha parte da muralla exterior do castelo sufriu un derrubamento en abril de 2016 por mor da choiva. Esta parte da muralla non estaba restaurada, xa que logo o concello pediu un plan de restauración do tramo deteriorado e derrubado á Xunta de Castela e León [1].

Notas[editar | editar a fonte]