Castelo de Salvatierra (Cidade Real)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castelo de Salvatierra.
| Castelo de Salvatierra | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O castelo de Salvatierra foi unha fortaleza da Serra Morena, no termo municipal actual de Calzada de Calatrava, na provincia de Cidade Real.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1198 foi ocupado por sorpresa polos cabaleiros da Orde de Calatrava, pouco despois da vitoria musulmá na batalla de Alarcos no ano 1195. Tras isto foi asediado polos almohades que o recuperaron en 1211 e isto, entre outros motivos, foi a causa principal da reacción cristiá que desembocou na batalla das Navas de Tolosa no 1212. Trala batalla das Navas de Tolosa o castelo foi reconquistado pola Orde de Calatrava.