Castelo de Corullón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Corullón
ben de interese cultural
ConcelloCorullón
ProvinciaLeón
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas42°34′51″N 6°49′25″O / 42.580833333333, -6.8236111111111Coordenadas: 42°34′51″N 6°49′25″O / 42.580833333333, -6.8236111111111
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século XIV)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

O Castelo dos Corullón é unha fortificación de orixe medieval situada en Corullón (provincia de León).

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construído como mansión de recreo pola familia Rodríguez de Valcarce no século XIV, sobre os restos dun poboado castrexo e unha torre medieval. Posteriormente pertenceu á familia Álvarez Osorio, Condes de Lemos ata 1482 pasando despois ás mans dos Álvarez de Toledo. O Castelo pertence na actualidade aos descendentes dos Marqueses de Vilafranca.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O conxunto conservado componse dun recinto fortificado de 41 por 23 metros.

A Torre Maior ou torre da homenaxe foi construída sobre outra torre medieval anterior e incendiada e parcialmente derrubada durante a segunda parte das Revoltas Irmandiñas, durante a súa posesión por parte do Conde de Lemos. Reconstruída por Pedro Álvarez Osorio' Primeiro Conde de Lemos, tralo fin das Revoltas Irmandiñas, a torre actual é de grandes dimensións -aproximadamente uns 20,5 metros de altura conservada e entre 10,4 e 12,6 metros de lado.

O edificio principal conserva unha altura máxima de 6,77 metros e unha anchura mínima dun metro, aínda que anteriormente puido ser máis alto, como se ve na actual Torre da Homenaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]