Xenitivo
O xenitivo é o nome dun caso que nas linguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento do Nome ou Modificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo, Complemento Circunstancial etc: polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")
Proceden do xenitivo frases petrificadas que en galego xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE > fregués, AURI FRESU > ourive, COMITE STAB(U)LI > condestable, os días da semana: (DIES) MARTIS > martes, (DIES) IOVIS > xoves, (DIES) VENERIS > venres, (DIES) LUNAE > luns, (DIES) MERCURII > mércores [1].
Xenitivo saxón
[editar | editar a fonte]O xenitivo saxón e unha das poucas pegadas "flexivas" que permanecen no inglés actual: "Antonio's brother came yesterday". Esta construción gramatical empregase para indicar ao "posuidor".
Hoxe en día, moitos lingüistas negan que o xenitivo saxón sexa un caso. Arguméntano dicindo que se converteu nunha partícula clítica que, aínda que sempre aparece xunto a un nome, está claramente separada del: "The ambassador of Iceland's wife was very welcome". Se o 's que aparece detrás de Iceland fose un caso do nome, entón a muller seríao do país Islandia. Mentres que do xeito no que se emprega en inglés, a muller é o caso de todo o sintagma nominal "The ambassador of Iceland".
Leonard Bloomfield no seu libro Language (1935, pp. 203–6), clasificou o xenitivo saxón como un determinante máis. Da mesma forma cós outros posesivos "my, your, his,...".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cun -s engadido en analoxía co martes, xoves e venres, onde é etimolóxico.