Casco antigo de Ávila e igrexas extramuros
Aparencia
Cidade vella de Ávila e igrexas de extramuros | |
---|---|
Murallas de Ávila | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | 40°39′N 4°41′O / 40.650, -4.683 |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 1985 (extensión 2007) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 348 |
A Cidade Vella de Ávila e igrexas extramuros é un conxunto histórico da española cidade de Ávila, declarada Patrimonio da Humanidade.
Descrición
[editar | editar a fonte]O conxunto inclúe edificios relacionados de orixe medieval da cidade española de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Inclúe a zona antiga da cidade, pechada pola muralla, e unha serie de igrexas fóra do recinto. Declarouse Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1985.[1]
Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]A declaración da UNESCO inclúe unha lista detallada de 11 bens individuais, coas súas áreas de protección:[2]
- 348-001: Concello de Ávila intramuros da Muralla de Ávila (33,75 ha)
- 348-002: Ermida de San Segundo (0,06 ha)
- 348-003: Basílica de San Vicente (0,21 ha)
- 348-004: Igrexa de San Andrés (0,09 ha)
- 348-005: Igrexa de San Pedro (0,14 ha)
- 348-006: Igrexa de San Nicolás (0,05 ha)
- 348-007: Igrexa de Santa María da Cabeza (0,04 ha)
- 348-008: Igrexa de San Martín (0,03 ha)
- 348-009: Convento da Encarnación (0,72 ha)
- 348-010: Convento de San José (0,29 ha)
- 348-011: Real Mosteiro de Santo Tomás (1,02 ha)
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casco antigo de Ávila e igrexas extramuros |