Casa do Pobo de Betanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Casa do Pobo de Betanzos foi un espazo construído para dar servizo á Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos.[1] Deseñado polo arquitecto Rafael González Villar, inaugurouse en setembro de 1919 na rúa Travesa, no casco histórico de Betanzos.

Historia[editar | editar a fonte]

Jesús García Naveira deixou consignada unha doazón de 50.000 pesetas para a compra dun edificio na rúa Travesa co obxecto de transformalo en Casa do Pobo, para uso da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos. En caso de disolución da mesma este edificio pasaría a formar parte do patrimonio das Escolas Jesús García Naveira.[2]

A Casa do Pobo estivo activa entre 1919 e 1936, mais coa chegada do Franquismo foi incautada e cedida ao sindicato vertical e, finalmente, vendida a un particular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torres Regueiro, Xesús (2020). "A Casa do Povo de Betanzos". Casa dos Espellos (3): 64–67. 
  2. Fuente García, Santiago de la (1999). "Los hermanos García Naveira y sus fundaciones". Anuario Brigantino (22): 395–434. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]