Saltar ao contido

Carriza luminosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carriza luminosa
 Nome taxon
    Schistostega pennata
Friedrich Weber, Daniel Matthias Heinrich Mohr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 ClaseBryopsida
 OrdeDicranales
 FamiliaSchistostegaceae
 XéneroSchistostega
 EspecieSchistostega pennata Editar o valor en Wikidata
F.Weber e D.Mohr Schistostega pennata Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Moss of the Year (en) Traducir (2015) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02pq98w Editar o valor en Wikidata
ITIS16064 Editar o valor en Wikidata
OTT836471 Editar o valor en Wikidata
EOL929231 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0001194633 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

Schistostega pennata, chamada comunmente carriza luminosa ou carriza luminescente [1], é unha carriza que se coñece por ter aparencia luminosa en lugares escuros. É o único membro da familia Schistosteagaceae.

Bioluminiscencia

[editar | editar a fonte]

O protonema (uns filamentos que xorden da xerminación das esporas e que dará lugar ao gametófito maduro) é o característico desta carriza. Está formado por unhas celas esféricas cunhas vacuolas que actúan a xeito de lentes para recolleren a luz e levala aos cloroplastos próximos, que reflicten a luz verdosa.

Hábitat e preservación

[editar | editar a fonte]

Vive en terreos moi húmidos en que non lles dá o sol directamente, e cun ambiente ácido. Iso fai que apareza en covas naturais e artificiais onde se atopar o ferro, aínda que tamén aparece en raíces de árbores ou no granito dos cantís.

Schistostega pennata está na listaxe vermella de especies ameazadas, porque os seus hábitats son moi fráxiles e alterábeis.

Este musgo atópase en Europa, así como na China, Siberia, Xapón[2].

Tamén foi descuberto nuns poucos lugares de Galicia, como a Cova das Choias, os arredores do Castro de Viladonga[3], as fragas do Eume ou Oza Cesuras.

  1. USDA Forest Service, Gotchen Risk Reduction and Restoration Project, arquivado dende o o orixinal o 29 de abril de 2015
  2. "Schistostega pennata". Moss Flora of China.
  3. Reinoso Franco, Juan (1998), El musgo luminoso Schistostega pennata en el castro de Viladonga (Lugo) Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine., CROA, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 8, pp. 29-32

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]