Carole Boyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carole Boyd
Nacemento1947 e 16 de febreiro de 1941
LugarScarborough
NacionalidadeReino Unido
Educada enBirmingham School of Acting
Profesiónactriz e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

Carole Boyd, nada en 1947, é unha actriz británica, que traballou no teatro, televisión, radio e na gravación de audiolibro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Birmingham School of Speech and Drama, onde gañou o principal premio nacional para actores de voces e premio Carleton Hobbs. Como actriz de televisión apareceu nas series Hetty Wainthrop Investigates, Virtual Murder, Bodger and Badger, como actriz de voz púxolle a voz a todos os caracteres femininos do carteiro Pat desde 1991. En 2006 interpretou a Esther Hartlieb no filme The Thief Lord. Na radio aparece regularmente en radiodramas da BBC, foi Shirley Edwards durante catro anos en Waggoner’s Walk e desde 1986 dálle voz[1] a Lynda Snell no famoso radio drama The Archers que radia BBC Radio 4. Ademais gravou arredor de 300 audiolibros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Archers - Lynda Snell". BBC (en inglés). Consultado o 2020-02-01.