Carmen Pérez Navazal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Pérez Navazal
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor em Wikidata
Mos, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Carmen Pérez Navazal, chamada tamén Carmen de Campos, nada en Sanguiñeda (Mos) en 1925 e finada na mesma parroquia o 4 de xaneiro de 2015[1], foi unha labrega e vocalista galega, cantante en solitario baixo o nome artístico de Señora Carmen, e membro á vez do grupo Malvela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrega, xa na súa xubilación foi descuberta por Uxía para integrar o grupo vocal de cantareiras Malvela. Foi Uxía a que lle deu o alcume artístico de Señora Carmen, dado que no conxunto había xa dúas "carmes", pero máis novas. Con Malvela gravou catro álbums.

Ademais, en solitario gravou un álbum en 2007, que simultaneou coa súa traxectoria con Malvela. Este álbum viña acompañado dun pequeno documental onde narraba a súa vida.

Obra[editar | editar a fonte]

Con Malvela[editar | editar a fonte]

  • Que o pano non me namora (2002)
  • O aghinaldo (2004)
  • Da miña xanela á túa (2007)
  • Raianas (2011)

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Na flor dos meus anos (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]