Saltar ao contido

Carmen Montón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Montón

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carmen Montón Giménez Editar o valor en Wikidata
9 de marzo de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Burjassot, España Editar o valor en Wikidata
Minister of Health, Consumer Affairs and Welfare (en) Traducir
7 de xuño de 2018 – 11 de setembro de 2018
← Dolors MontserratMaría Luisa Carcedo →

Nomeado por: Pedro Sánchez
16ª Minister of Universal Healthcare and Public Health (en) Traducir
29 de xuño de 2015 – 6 de xuño de 2018
← Manuel Llombart Fuertes (pt) TraducirAna Barceló Chico (en) Traducir →

Gabinete ministerial: Puig Government (en) Traducir

Nomeado por: Ximo Puig
Deputada de España
5 de decembro de 2011 – 30 de xuño de 2015 – Josep Santamaría (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Valencia

Deputada de España
26 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Valencia

Deputada de España
30 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Valencia

City councillor of Burjassot (en) Traducir
4 de xullo de 1999 – 14 de marzo de 2004
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valencia
Universidade Rei Xoán Carlos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Premios

Dialnet: 3618008

Carmen Montón Giménez, nada en Burjassot (Valencia) o 9 de marzo de 1976,[1] é unha política española, membro do PSOE e exministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Goberno de España. É defensora da sanidade pública e universal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Medicina pola Universidade de Valencia, aínda que non chegou nunca a exercer[2] e máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero, pola Universidade Rei Xoán Carlos. Afiliouse aos 16 anos ás Xuventudes Socialistas de España (XSE), organización á que pertenceu ata 2007.

Montón foi concelleira de Cultura no concello da súa localidade natal, Burjassot, de 1999 a 2004. Durante esta etapa tamén foi Secretaria de Movementos Sociais e ONG no PSPV-PSOE (2000-2004). Entre o 2 de abril de 2004 e o 30 de xuño de 2015 foi deputada no Congreso pola provincia de Valencia.

Entre 2014 e 2016 foi Secretaria de Igualdade do PSOE. Desde xuño de 2015 ata 2018 foi conselleira autonómica de Sanidade Universal e Saúde Pública da Generalitat Valenciana, no goberno de Ximo Puig. Durante o seu mandato tomou diversas medidas de relevancia política como o retorno á xestión pública do Hospital de la Ribera, hospital emblemático do coñecido como modelo Alzira, desde abril de 2018; a devolución do dereito á sanidade aos inmigrantes irregulares; a compensación do copago farmacéutico aos xubilados e o retorno aos tratamentos de reprodución a lesbianas e mulleres soas.[2]

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy. O 11 de setembro dese ano presentou a súa dimisión logo de coñecerse un posible plaxio no seu traballo de fin de mestrado [3], e foi substituída por María Luisa Carcedo.


Predecesor:
Dolors Montserrat Montserrat
(Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade)
 
Ministro de Sanidade, Consumo e Benestar Social de España
 
2018
Sucesor:
María Luisa Carcedo
  1. "Montón Giménez, Carmen". congreso.es. Consultado o 13-09-2018. 
  2. 2,0 2,1 Zafra, Ignacio (11-09-2018). "Carmen Montón, la ministra que en 100 días recuperó la sanidad universal". elpais.com. Consultado o 13-09-2018. 
  3. "La ministra Carmen Montón copió en 19 páginas de su TFM de artículos publicados en Internet" eldiario.es, 11 de setembro de 2018

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]