Carmen Montón
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Carmen Montón Giménez 9 de marzo de 1976 Burjassot, España |
| 7 de xuño de 2018 – 11 de setembro de 2018 ← Dolors Montserrat – María Luisa Carcedo → Membro do gabinete: Primeiro Goberno de Pedro Sánchez Nomeado por: Pedro Sánchez | |
| 29 de xuño de 2015 – 6 de xuño de 2018 ← Manuel Llombart Fuertes – Ana Barceló Chico → Lexislatura: IX Lexislatura da Comunidade Valenciana Membro do gabinete: Puig Government (en) Nomeado por: Ximo Puig | |
| 5 de decembro de 2011 – 30 de xuño de 2015 – Josep Santamaría → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
| 26 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
| 30 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electa en: eleccións xerais de España de 2004 | |
| 4 de xullo de 1999 – 14 de marzo de 2004 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Valencia Universidade Rei Xoán Carlos |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | política |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Premios | |
Carmen Montón Giménez, nada en Burjassot (Valencia) o 9 de marzo de 1976,[1] é unha política española, membro do PSOE e exministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Goberno de España. É defensora da sanidade pública e universal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Medicina pola Universidade de Valencia, aínda que non chegou nunca a exercer[2] e máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero, pola Universidade Rei Xoán Carlos. Afiliouse aos 16 anos ás Xuventudes Socialistas de España (XSE), organización á que pertenceu ata 2007.
Montón foi concelleira de Cultura no concello da súa localidade natal, Burjassot, de 1999 a 2004. Durante esta etapa tamén foi Secretaria de Movementos Sociais e ONG no PSPV-PSOE (2000-2004). Entre o 2 de abril de 2004 e o 30 de xuño de 2015 foi deputada no Congreso pola provincia de Valencia.
Entre 2014 e 2016 foi Secretaria de Igualdade do PSOE. Desde xuño de 2015 ata 2018 foi conselleira autonómica de Sanidade Universal e Saúde Pública da Generalitat Valenciana, no goberno de Ximo Puig. Durante o seu mandato tomou diversas medidas de relevancia política como o retorno á xestión pública do Hospital de la Ribera, hospital emblemático do coñecido como modelo Alzira, desde abril de 2018; a devolución do dereito á sanidade aos inmigrantes irregulares; a compensación do copago farmacéutico aos xubilados e o retorno aos tratamentos de reprodución a lesbianas e mulleres soas.[2]
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Montón presentou a súa dimisión debido a acusacións públicas falsas relacionadas co seu máster na Universidade Rey Xoán Carlos, aínda que máis tarde foi declarada inocente e o caso foi arquivado[3][4]. Foi substituída por María Luisa Carcedo. En 2019 regresou á política e en 2020 foi nomeada embaixadora ante a Organización dos Estados Americanos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Montón Giménez, Carmen". congreso.es. Consultado o 13-09-2018.
- ↑ 2,0 2,1 Zafra, Ignacio (11-09-2018). "Carmen Montón, la ministra que en 100 días recuperó la sanidad universal". elpais.com. Consultado o 13-09-2018.
- ↑ "La juez del 'caso Máster' archiva la causa contra la ex ministra de Sanidad Carmen Montón". ELMUNDO (en castelán). 2018-11-28. Consultado o 2025-05-14.
- ↑ "JUZGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 51 DE MADRID" (PDF). elmundo.es (en castelán). 28 de novembro de 2018. Consultado o 14 de maio de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carmen Montón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha persoal no Congreso dos Deputados: VIII Lexislatura
- Ficha persoal no Congreso dos Deputados: IX Lexislatura.
| Predecesor: Dolors Montserrat Montserrat (Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) |
Ministro de Sanidade, Consumo e Benestar Social de España 2018 |
Sucesor: María Luisa Carcedo |