Carmen Mola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Mola
Grupo de escritores español
Duración
dende 2018
Xénero
novela negra
Membros
Antonio Santos Mercero
Jorge Díaz Cortés
Agustín Martínez

Carmen Mola é o pseudónimo co que os escritores Jorge Díaz Cortés, Agustín Martínez e Antonio Santos Mercero publicaron varias novelas. Segundo a biografía ficticia que atribuían a Mola, era a dunha escritora española de novela negra e profesora universitaria .[1] A prensa chámaa «a Elena Ferrante española».[2]

A identidade verdadeira dos autores coñeceuse en outubro de 2021, durante a entrega dos Premios Planeta.[3]

Nunha entrevista a suposta Mola daba as súas razóns de por que se ocultaba detrás dun pseudónimo:[4] Citaba a Pierre Lemaitre, Fred Vargas, Benjamin Black, Alicia Giménez Bartlett ou Víctor del Árbol como influencias e defendía ao seu protagonista, un personaxe con poder cheo de todo tipo de tópicos.[5] Mola escribiu tres obras publicadas en Alfaguara coas que se converteu nunha das escritoras españolas de referencia do xénero negro e policial, uns xéneros que, nas súas propias palabras, «nunca caducarán, porque tratan de entender o mundo e evolucionan á vez que a sociedade».[6]

En 2018 o seu primeiro libro e o primeiro da triloxía, titulado La novia gitana internouse na vida do colectivo xitano cunha historia sobre a investigación dun asasinato, unha historia que non é habitual e que captou a atención do público lector alzando a novela como un grande éxito de vendas.[7] A novela métenos na investigación, por parte do equipo encabezado pola inspectora Elena Branco da BAC (Brigada de Análise de Casos), do asasinato ritual da moza Susana Macaya, en vésperas da súa voda. Tras este éxito, que Mola non esperaba, continuou en 2019 con La red Púrpura, outro suspense sobre a desaparición dunha moza adolescente que está relacionado co tráfico de vídeos de mortes en directo e por último en 2020 con La Nena, na que a súa protagonista, a inspectora Elena Branco, volve capturar ao lector na procura de Chesca, outra inspectora, e convídanos a reflexionar sobre conceptos como a violación, a adopción ou a herdanza.[2][8]

A súa obra foi traducida en oito países e segundo datos de venda vendeu 250 mil exemplares ademais de adaptarse proximamente a unha serie de televisión con Diagonal TV e Viacom International Studios que poderá verse en AtresMedia.[9][10]

En 2021 gañou o Premio Planeta con La bestia, dotado con un millón de euros. A obra trata sobre unha cidade na que hai unha onda de crimes a nenas das clases máis humildes, que un policía, unha nena e un xornalista tentan desvelar.[11]

Obra[editar | editar a fonte]

Triloxía La novia gitana[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista a Carmen Mola | El Quinto Libro" (en castelán). 2019-07-31. Consultado o 2021-09-08. 
  2. 2,0 2,1 "Carmen Mola: “Entre la sangre y el suspense me quedo con la primera, claro”" (en castelán). 2020-05-26. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2021. Consultado o 2021-09-08. 
  3. "Carmen Mola gana el Planeta y se desvela su identidad real: son tres hombres". abc (en castelán). 2021-10-15. Consultado o 2021-10-16. 
  4. "Carmen Mola: «No estoy muy segura de que las autoras con seudónimo tengamos alma»" (en castelán). 2020-07-20. Consultado o 2021-09-09. 
  5. Galindo, Juan Carlos (2018-06-01). "¿La Elena Ferrante española?". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-09-08. 
  6. "Biografía Carmen Mola". 
  7. lecturalia.com. "Carmen Mola: libros y biografía autora" (en castelán). Consultado o 2021-09-08. 
  8. "Carmen Mola «la Elena Ferrante española»" (en castelán). 2020-07-01. Consultado o 2021-09-08. 
  9. Arcoya, Encarni (2021-02-28). "Carmen Mola: su trilogía. Descubre a la Elena Ferrante española" (en castelán). Consultado o 2021-09-08. 
  10. "'La novia gitana', de novela imprescindible a nueva serie de Paco Cabezas y Atresmedia" (en castelán). 2021-04-22. Consultado o 2021-09-09. 
  11. Press, Europa (2021-10-15). "Tres guionistas con el seudónimo Carmen Mola ganan el Premio Planeta 2021 con 'La bestia'". www.europapress.es. Consultado o 2021-10-16. 
  12. "Obras Carmen Mola". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]