Carmen Martínez Castro
Carmen Martínez Castro | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Carmen Martínez Castro |
Nacemento | 1961 |
Lugar de nacemento | Caracas |
Nacionalidade | Venezuela e España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | xornalista |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carmen Martínez Castro, nada en Caracas en 1961, é unha xornalista e política galega, do Partido Popular.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada nunha familia emigrante en Venezuela, licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou traballando na radio (Radio 80 e Antena 3 Radio) medio onde desenvolvería a maior parte da súa traxectoria profesional como xornalista. Despois pasaría á cadea COPE, onde traballou como subdirectora de dous importantes programas informativos: La Linterna e La Mañana, así como en Onda Cero, onde sería subdirectora de Herrera en la Onda, o programa de Carlos Herrera. Posteriormente sería directora de La Brújula e do informativo de mediodía de Onda Cero. Estes traballos na radio compaxinounos con colaboracións en prensa escrita (ABC e La Razón) e en debates televisión (El Primer Café e La Respuesta en (Antena 3) e El Debate de la Primera (TVE).
En 2006 dá o salto á política ao ser nomeada directora de Comunicación do Partido Popular e dende ese posto vive as Lexislativas de 2008 e as de 2011. Nestes últimos comicios o PP, dirixido por Mariano Rajoy consegue a vitoria e Martínez Castro é nomeada, en decembro de 2011, secretaria de estado de Comunicación, dentro do organigrama do Ministerio de Presidencia[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La vicepresidenta asiste a la toma de posesión de los secretarios de Estado de Relaciones con las Cortes y de Comunicación Arquivado 08 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Web do Ministerio da Presidencia, 26/12/2011.