Carlota O'Neill
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlota Alejandra Regina Micaela O'Neill y de Lamo 27 de marzo de 1905 Madrid, España |
Morte | 20 de xuño de 2000 (95 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, dramaturga, escritora, novelista |
Xénero artístico | Romantic fiction (en) , drama e biografía |
Pseudónimo literario | Carlota O'Neill Carlota Lionell Laura de Noves |
Familia | |
Cónxuxe | Virgilio Leret (1929–1936) |
Nai | Regina de Lamo |
Irmáns | Enriqueta O'Neill |
Parentes | Lidia Falcón, sobriña Carlos Enrique Bayo, sobriño neto |
Carlota O'Neill, nada en Madrid o 27 de marzo de 1909 e finada en Caracas o 20 de xuño de 2000, foi unha escritora e xornalista feminista española. Esposa do capitán Virgilio Leret, executado tras oporse en Melilla ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á guerra civil española, pasou cerca de cinco anos en prisión[1], partindo en 1949 aVenezuela [2]. Tamén escribiu baixo os pseudónimos de Carlota Lionell e Laura de Noves.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlota Alejandra Regina Micaela O'Neill Lamo foi filla de Enrique O'Neill Acosta, un diplomático mexicano con ascendencia irlandesa, e da española Regina Lamo Jiménez -alias Nora Avante-, escritora, pianista e apaixonada defensora do sindicalismo e do cooperativismo e colaboradora de Lluís Companys.[3] Tivo unha irmá, Enriqueta O'Neill -alias Regina Flavio-, que tamén foi escritora, ademais de varios medio irmáns dun matrimonio anterior do seu pai. O seu tío Carlos Lamo Jiménez, foi o compañeiro sentimental da escritora e xornalista Rosario de Acuña. Foi tía da política e escritora Lidia Falcón.
Máis tarde, a súa familia trasladouse a Barcelona, onde coñeceu o militar Virgilio Leret, co que tivo dúas fillas, María Gabriela (Mariela) e Carlota (Loti). Carlota e Virgilio casaron cando estaban a esperar a súa segunda filla. Feminista e de esquerdas, Carlota O'Neill escribiu obras dramáticas -coa Central de Teatro Proletari-, estreou en Madrid a súa obra A fuego, o 11 de febreiro de 1933, e fundou e dirixiu a revista Nosotros en 1934. En 1934 ingresou no Ateneo de Madrid e en 1935 en Izquierda Republicana.
Guerra civil española
[editar | editar a fonte]En xullo de 1936 atopábase en Melilla co seu marido e as súas fillas, xa que Leret era o xefe das Forzas Aéreas Zona Oriental de Marrocos e da base de hidroavións do Atalayón, Melilla. Os sublevados acabaron coa resistencia de Leret na base e asasinárono, aínda que a súa esposa non o sabería até tempo despois. Tras o ataque, Carlota O'Neill foi detida o 22 de xullo de 1936 e separada das súas fillas, Carlota e Mariela. Foi xulgada por un tribunal militar dezaoito meses despois da súa detención. Sometérona a Consello de Guerra e foi condenada a seis anos de prisión polo delito de inxurias ao Exército.[4]
O 12 de xullo de 1940, O Tribunal de Responsabilidades Políticas de Melilla abriu unha nova causa a Carlota O'Neill, onde sinalan que o seu influxo predominante sobre o seu esposo, o capitán Leret, e os escritos dos que foi autora, contribuíron a fomentar a situación anárquica e desastrosa que fixo necesaria a iniciación do movemento nacional. Sobre a base disto o fallo do tribunal inhabilitouna durante cinco anos para exercer cargos públicos do estado, provincia e municipio e ao pago dunha sanción económica, cumprindo 3 anos e 9 meses de cárcere durante os cales traballou no semanario Redención, promovido pola Asociación de Propagandistas Católicos.[5]
Liberdade e migración a Venezuela
[editar | editar a fonte]Tras a súa saída do cárcere, en 1941, Carlota O'Neill tivo que facer grandes esforzos por recuperar a custodia das súas fillas, mentres escribía baixo o pseudónimo de Laura de Noves para manterse. Grazas aos contactos de Enriqueta O'Neill co entón Secretario Provincial de Prensa de Barcelona José Bernabé Oliva, leva as fillas a un centro rexentado polas Misioneiras de Cristo Rei en Barcelona.[6] A publicidade en Hoja del Lunes e outras publicacións franquistas promoveu a súa carreira[7][8][9] Tras obter a custodia das súas fillas, emigra en Venezuela en 1949.[10]
En México escribiu, anos despois dos devanditos sucesos, un libro no que narra a súa experiencia na guerra civil española, o seu paso polo cárcere de Vitoria Grande, onde estivo até 1940, os xuízos militares a que estivo sometida, a súa loita para recuperar a custodia das súas fillas unha vez que saíu do cárcere, e a viaxe a Venezuela (non o exilio).[11] Publicado orixinalmente en 1964 en México baixo o título Una mexicana en la guerra de España, en España non se publicaría até 1979 baixo o título: Una mujer en la guerra de España. Dese libro publicáronse sete edicións. O mesmo foi traducido ao inglés, co título de Trapped in Spain, e ao polaco, co título de Spojrzenie zza kr.
Reivindicación do traballo do seu esposo
[editar | editar a fonte]O seu marido Virgilio Leret deseñou un motor turbocompresor de reacción continua. Este invento foi patentado no Rexistro da Propiedade Industrial de Madrid, o 28 de marzo de 1935. O Presidente da República, Manuel Azaña, nomeou a Virgilio Leret profesor da Escola de Mecánicas de Catro Ventos e encargou á Hispano-Suíza de Aviación a construción dun prototipo para setembro de 1936. Leret non chegou a exercer de profesor e o prototipo non se construíu. O deseño ideado por Virgilio Leret estaba á altura dos avances aeronáuticos que se rexistraban en Europa.[12]
Carlota mantivo viva a memoria do seu esposo e difundiu a súa historia, que está recollida no seu libro Unha muller na guerra de España. O que conta no seu libro é que, despois do fusilamento de Virgilio Leret, mandáronlle as súas pertenzas mentres ela estaba no cárcere. Segundo a autora, estas incluían tres copias dos planos do motor, que conseguiu que sacasen clandestinamente e que fosen gardadas na casa do pai doutra das reclusas.[13] En 1940 entregou os planos e a memoria do invento ao comandante James Dickson, agregado aéreo do Reino Unido en Madrid, coa esperanza de que o traballo de Virgilio Leret fose de axuda aos aliados na segunda guerra mundial. Aínda que a familia de Leret en España mantén unha copia manuscrita dos plans e da memoria[14].
En 1971 Carlota preguntou ao Goberno británico que ocorreu cos planos do motor entregados 30 anos atrás na súa embaixada en Madrid e non obtivo resposta.[15]
Legado e polémica coa familia do seu marido
[editar | editar a fonte]En 2007, unha rúa en Madrid foi renomeada no seu honor. En 2017, a familia Leret en España iniciou unha campaña para esixir o cambio de nome da rúa en Madrid, denunciando que Carlota O'Neill fora colaboradora do réxime franquista[16]
Obras
[editar | editar a fonte]Como Carlota O'Neill
[editar | editar a fonte]Novelas románticas
[editar | editar a fonte]- ¡No teneis corazón! (1924)
- Eva Glaydthon (1924)
- Historia de un beso (1925)
- Pigmalión (1925)[17]
Outras obras
[editar | editar a fonte]- ¿Que sabe usted de Safo?: amó a las mujeres y a los hombres (1960)
- "Amor": diario de una desintoxicación (1963)
- La verdad de Venezuela (1968)
- Los muertos también hablan (1973)
- Teatro (1974)
- Romanza de las rejas: prosa poética (1977)
- Cinco maneras de morir: diálogos (1982)
- Circe y los cerdos; Como fué España encadenada; Los que non pudieron huir (1997)
Autobiográfica
[editar | editar a fonte]- Una mujer en la guerra de España = Una mexicana en la guerra de España (1964)
Como Carlota Lionell
[editar | editar a fonte]Biografía novelada
[editar | editar a fonte]- La triste romanza de amor de Franz Schubert (1942)
Como Laura de Noves
[editar | editar a fonte]Biografías noveladas
[editar | editar a fonte]- Rascacielos (1942)
- Beso a usted la mano señora (1943)
- Esposa fugitiva (1943)
- Al servicio del corazón (1945)
- En mitad del corazón (1949)
- …y la luz se hizo
- ¿Quiere usted ser mi marido?
- La señorita del antifaz
- Las amó a todas
- No fue vencida
- Patricia Packerson pierde el tren
- Vidas divergentes[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1][Ligazón morta] Virginia O’Neill. República.
- ↑ [2][Ligazón morta] Virginia O’Neill. República.
- ↑ "Carlota O'Neill escribió la primera crónica de la Guerra Civil Española. 17 de julio de 1936.". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de abril de 2018.
- ↑ Preston, Paul (2011). El holocausto español : odio y exterminio en la Guerra civil y después. [Barcelona] : Debate. ISBN 978-84-8306-852-6.
- ↑ [3][Ligazón morta]
- ↑ "Home". www.carlosleretubeda.es. Consultado o 2024-11-16.
- ↑ Laura de Noves (1944). "Imperio : Diario de Zamora de Falange Española de las J.O.N.S.". Imperio: Diario de Zamora de Falange Española de las JONS.
- ↑ Laura de Noves (1943). "Pensamiento alavés : Año XII Número 3124". Pensamiento Alavés.
- ↑ Laura de Noves (1942). "Hoja oficial de la provincia de Barcelona : Época Tercera Número 166". Hoja Oficial de la Provincia de Barcelona.
- ↑ [4][Ligazón morta] Virginia O’Neill. República.
- ↑ "ETB presenta el documental 'Virgilio Leret, El Caballero del Azul'". Euskal Irrati Telebista (en castelán). Consultado o 2020-05-02.
- ↑ Fuente, Inmaculada de la (2004-12-11). "La memoria dolorida de Carlota O'Neill". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-05-02.
- ↑ http://www.congresovictimasfranquismo.org/wp-content/uploads/2011/12/14.-familia-de-Virgilio-Leret.-Homenaje-a-Virgilio-Leret.pdf
- ↑ Virgilio Leret, el caballero del azul. rtve.es.
- ↑ "Petición de justicia: Una calle para el asesinado, Virgilio Leret Ruiz, y no para el fascista, Comandante Zorita". rojoynegro.info. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 2020-05-02.
- ↑ "Carlota O'Neill". biblioromance.es. Consultado o 2024-11-16.
- ↑ "Laura de Noves". www.biblioromance.es. Consultado o 2020-05-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cruz González, Antonio. «Carlota y Virgilio, dos republicanos. 2: Carlota». El viejo topo
- Recompilación de diversos materiais sobre Carlota O'Neill