Saltar ao contido

Carlos Vázquez González (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Vázquez González
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Carlos Vázquez González, nado na Coruña en 1942,[1] é un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi consiliario da Juventud Obrera Católica en 1966. Profesor de formación profesional, foi xerente da revista Teima. Militante da Asemblea Nacional Popular Galega (ANPG), foi un dos escindidos en 1976 (con César Portela e Xan López Facal) por considerala próxima de máis á UPG. Foi un dos líderes da Asemblea Popular Galega. Foi dirixente do Partido Obreiro Galego e Unidade Galega, e secretario de organización de Esquerda Galega dende 1980 ata 1993. Foi presidente da Fundación Paz e Solidariedade.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Lila Díaz.

  1. La Voz de Galicia, 8-6-1986, p. 3.
  2. La Voz de Galicia. Santiago, 16-10-1994, p. 46.