Carlos Reinaldo Pérez
(2008) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1971 (53 anos) A Habana, Cuba | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Carlos Reinaldo Pérez Enrique ou simplemente Carlos Pérez, nado o 26 de outubro de 1971 na Habana (Cuba),[1] é un xogador de balonmán de orixe cubano nacionalizado húngaro. Dende o 2013 xoga no Al Shamal qatarí.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlos Pérez naceu na Habana (Cuba), e iniciouse na práctica do balonmán no Ciudad Habana, equipo no que militou ata 1997, ano no que asinou co MKB Veszprém KC de Hungría. No equipo húngaro xogou 16 anos e gañou 13 ligas húngaras, 12 copas húngaras e unha Recopa de Europa, e foi subcampión Liga de Campións da EHF en 2002, así como da Supercopa de Europa en 2002 e 2008. En febreiro de 2013 asinou co Al Shamal qatarí.[2]
En 1999 obtivo a nacionalidade húngara, facendo o seu debut na selección húngara no 2002 fronte a Eslovenia.[3] Xogou co combinado húngaro o Campionato do Mundo de 2003, onde demostrou as súas habilidades de tiro, finalizando o campionato como o máximo goleador da competición con 64 goles. Tamén ten sido seleccionado para oel equipo All-Star.[3] Participou nos Xogos Olímpicos de 2004 un ano despois, finalizando no cuarto lugar.[1][4]
A pesar das súas boas actuacións tivo que esperar 7 anos para poder disputar outro gran torneo, o Campionato do Mundo de 2011, no que o seu club só lle permitiu xogar 3 partidos, o seleccionador Lajos Mocsai reservouno para os partidos máis importantes, e máis tarde foi chamado para substituír a Péter Gulyás.[5]
Foi galardoado co premio de Mellor Xogador de Balonmán Húngaro tres veces consecutivas entre 2003 e 2005, e outra vez en 2011.[6]
O 9 de xuño de 2013, o MKB Veszprém KC retirou o dorsal número 10 no seu honor.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 13 Ligas Húngaras: 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012
- 12 Copas Húngaras: 1998, 1999, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2009, 2010, 2011, 2012
- 1 Recopa de Europa: 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Carlos Pérez". Sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 13 de setembro de 2013.
- ↑ "Carlos Pérez: viszlát, Veszprém!". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Tíz éve varázsol a veszprémi kézicsillag" (en Hungarian). Origo.hu. 27 October 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013.
- ↑ "Neuer Pass verhilft zur zweiten Chance" (en German). Welt Online. 31 January 2007.
- ↑ "Férfi kézilabda-vb: Gulyás Péter helyett játszik Pérez" (en Hungarian). Nemzeti Sport Online. 24 January 2011.
- ↑ "Az év kézilabdázói (2011)" (en Hungarian). Hungarian Handball Federation. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 8 December 2011.
- ↑ "Carlos a Világválogatott ellen búcsúzik Veszprémtől". M4 Sport (en húngaro). Consultado o 2022-03-02.[Ligazón morta]