Carlos Fuertes Peralba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Fuertes Peralba
Nacemento27 de setembro de 1907
 Gondomar
Falecemento22 de novembro de 1965
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Carlos Fuertes Peralba, nado o 27 de setembro de 1907 en Gondomar e falecido o 22 de novembro de 1965 na cidade de Madrid, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Dereito na Universidade de Madrid, mais non exerceu a avogacía, senón que tomou o camiño do xornalismo. Foi o primeiro xornalista español que transmitiu en directo os partidos de fúbol aos oíntes na radio, nun momento no que aínda se facían estas difusións desde o campo mesmo. A súa fama de gran locutor chegoulle despois de retransmitir os campionatos de fútbol de 1934, desde Roma, facendo chegar aos oíntes españois aqueles partidos. Fuertes pasou a formar parte da sección deportiva da Axencia EFE en outubro de 1940 e exerceu a xefatura do Departamento de Deportes, creado en 1939 coa denominación de "Alfil".